“Curso de Xestión e Uso Eficaz do Correo Electrónico como Ferramenta de Traballo nas Administracións Públicas”
1.- Persoas destinatarias.
* Empregados/as públicos/as locais de todos os grupos de titulación, especialmente persoal técnico e administrativo que deban realizar tarefas de tramitación administrativa ou xestión informática.
* Persoal das corporacións locais da provincia con coñecementos informáticos básicos e usuario de redes informáticas, en especial da rede internet.
* Persoal ao servizo da Administración local que deba empregar o ordenador para o desenvolvemento do seu traballo e precise incrementar a eficacia e a produtividade da súa labor profesional.
2.- Desenvolvemento.
- 2.1.- Modalidade da acción formativa: en liña.
- 2.2.- Duración: 30 horas.
- 2.3.- Datas de realización:
- 1ª edición: do 6 de maio ao 9 de xuño do 2025.
- 2ª edición: do 17 de setembro ao 17 de outubro de 2025.
- 2.4.- Prazas: 20 participantes por edición.
- 2.7.- Número de edicións: dúas.
3.- Obxectivos.
- * Promover a plena integración das novas tecnoloxías nas prácticas de traballo das corporacións locais e impulsar o seu uso nas diferentes áreas da xestión municipal.
- * Dotar aos/ás participantes dos coñecementos necesarios que lles faciliten a utilización do correo electrónico no seu desempeño profesional.
- * Desenvolver as habilidades necesarias para a comunicación e a xestión de tarefas profesionais empregando o correo electrónico.
- * Aprender a manexar as ferramentas avanzadas que impliquen un aforro do tempo de traballo diario: crear e ler o correo electrónico, crear listas de contactos, programar citas e reunións, establecer tarefas...
4.- Programa.
4.1. Definición e termos.
4.2. Funcionamento.
4.3. Xestores de correo electrónico.
4.3.1. Introdución.
4.3.2. Fiestras.
4.3.3. Redacción e envío dunha mensaxe.
4.3.4. Lectura do correo.
4.3.5. Resposta a un correo.
4.3.6. Organización das mensaxes.
4.3.7. Impresión de correos.
4.3.8. Libreta de direccións.
4.3.9. Filtrado de mensaxes.
4.4. Correo Web.
4.4.1. Definición.
4.4.2. Creación dunha conta de correo electrónico.
4.4.2.1. Primeiros pasos.
4.4.2.2. Enviar e recibir correos.
4.4.2.3. Novo correo.
4.4.3. Normas para un bo uso do correo electrónico.
5.- Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o martes 29 de abril do 2025 para a primeira edición e o mércores 10 de setembro de 2025 para a segunda edición.
Temas:Administración dixital, Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense