Ficha biblioteca

Nova A AMTEGA convoca o curso para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix) no seu nivel de iniciación, na modalidade de teleformación titorizada
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación23/04/2025 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración dixital, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosCidadáns/ás, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Esta convocatoria ten por obxecto obter a certificación galega de competencias dixitais, regulada polo Decreto 123/2021, de 2 de setembro (DOG número 181, do 20 de setembro), no seu nivel Iniciación, tras a adquisición, mediante a superación dun curso na modalidade de teleformación titorizada e avaliación continua, dos coñecementos, destrezas e actitudes necesarios no ámbito dixital e a súa posterior avaliación.
Detalles contido
A AMTEGA convoca o curso para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix) no seu nivel de iniciación, na modalidade de teleformación titorizada Esta convocatoria ten por obxecto obter a certificación galega de competencias dixitais, regulada polo Decreto 123/2021, de 2 de setembro (DOG número 181, do 20 de setembro), no seu nivel Iniciación, tras a adquisición, mediante a superación dun curso na modalidade de teleformación titorizada e avaliación continua, dos coñecementos, destrezas e actitudes necesarios no ámbito dixital e a súa posterior avaliación.
23/04/2025|DOG

Destinatarios e requisitos técnicos

  • 1. Poderán participar nesta acción formativa as persoas maiores de 16 anos ou que os fagan antes do remate do prazo de inscrición.
  • 2. Para o correcto seguimento desta actividade, as persoas solicitantes deberán dispor e ter acceso a:
  • a) Un ordenador con conexión á internet de banda larga.
  • b) Un navegador actualizado (recoméndase Google Chrome).
  • c) A unha conta de correo electrónico activa.

Organización do curso

  • 1. Número de prazas: 300.
  • 2. Duración: 250 horas lectivas.
  • 3. Modalidade: teleformación titorizada con aproveitamento activo e avaliación continua, a través da plataforma de teleformación da rede CeMIT.
  • 4. Datas de realización: desde o 26 de maio ata 28 de decembro de 2025, como máximo.

Contido e seguimento das actividades

  1. No curso desenvolverase o seguinte programa formativo, configurado por bloques temáticos, que se irán abrindo de forma secuencial e cun tempo máximo de realización para cada un deles.

Cada un dos bloques será accesible para os participantes de forma individualizada unha vez que superen o anterior, adaptados así ao seu propio ritmo de seguimento da actividade formativa:

Bloques temáticos

Empezamos! Que nivel de competencias teño? Introdución ao Marco galego de competencias dixitais.

ComDix iniciación I: coñece a contorna dixital.

ComDix iniciación II: ten a información dixital sempre á man; buscar, seleccionar e gardar.

ComDix iniciación III: tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar.

ComDix iniciación IV: participa na sociedade dixital; as vantaxes da administración electrónica.

ComDix iniciación V: crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia.

ComDix iniciación VI: atopa o benestar dixital; tecnoloxía con «sentidiño».

2. Para poder superar cada un dos bloques temáticos e poder continuar co seguinte é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

  • – A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas e superadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no cuestionario final de cada bloque, que se realizará en liña.
  • – A superación do cuestionario final do bloque que para os efectos se estableza. O alumnado disporá de dous intentos e deberá responder de forma correcta un 50 % das preguntas da proba. As respostas incorrectas non descontarán acertos.

3. A superación de cada bloque temático dará dereito á obtención dun diploma de aproveitamento por cada un deles.

4. A realización total do itinerario formativo, é dicir, unha vez superados todos os bloques temáticos dentro do prazo establecido, dará dereito á expedición do certificado de competencias dixitais (ComDix-iniciación), que realizará de oficio a Amtega.

Solicitudes de participación

1. As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT https://cemit.xunta.gal

2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o cal é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

3. O prazo para a inscrición será de dez (10) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Temas:Administración dixital, Ensino e formación
Colectivos:Cidadáns/ás, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido