Ficha biblioteca

Evento Curso práctico de lingua de signos e atención a persoas xordas nas administracións públicas. Nivel A2.1.
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación06/05/2025 FonteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición Este curso vai dirixido ao Persoal ao servizo da Administración local con funcións de información e atención aos cidadáns ou con postos que requiran a comprensión e o manexo básico da lingua de signos e que teña realizado anteriormente o Curso de lingua de signos Nivel A1.2.
Detalles contido
LugarTelepresencial OrganizadorDeputación de Ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
20/05/2025 17:00 19:00
26/06/2025 17:00 19:00
Evento

Curso práctico de lingua de signos e atención a persoas xordas nas administracións públicas. Nivel A2.1.

1. Persoas destinatarias

* Persoal ao servizo da Administración local con funcións de información e atención aos cidadáns ou con postos que requiran a comprensión e o manexo básico da lingua de signos e que teña realizado anteriormente o Curso de lingua de signos Nivel A1.2.

* Traballadores/as en xeral das entidades locais da provincia interesados/as no coñecemento e aprendizaxe da lingua de signos.

2. Desenvolvemento

  • 2.1. Modalidade da acción formativa: telepresencial.
  • 2.2. Duración: 30 horas.
  • 2.3. Datas de realización: do 20 de maio ao 26 de xuño do 2025.
  • 2.4. Días das sesións telepresenciais: 20-22-27-29 de maio e 3-5-10-12-17-19-24-26 de xuño de 2025.
  • 2.5. Horario das sesións telepresenciais: martes e xoves de, 17.00 a 19.00 horas.
  • 2.6. Prazas: 15 participantes.
  • 2.7. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos

  • * Actualizar e mellorar os coñecementos das persoas participantes na lingua de signos española e a súa gramática, así como na realidade da comunidade xordomuda e a súa cultura.
  • * Adquirir ferramentas de comunicación na lingua de signos española para conseguir interaccións comunicativas satisfactorias coas persoas xordas e xordocegas.
  • * Utilizar de forma axeitada as expresións da linguaxe de signos española en situacións comunicativas concretas dentro das administracións públicas e na vida cotiá.
  • * Desenvolver nos/as participantes as capacidades necesarias para un bo uso da lingua de signos española, tales como: a atención, a percepción e a memoria visual; a habilidade manual; a discriminación visual; a memoria a curto e longo prazo; ou a expresión corporal.
  • * Sensibilizar sobre a importancia do coñecemento doutras linguaxes para o traballo en determinados postos das entidades locais, e favorecer e fomentar o contacto entre o persoal ao servizo da Administración local e as persoas xordomudas que incidan nunha sociedade máis inclusiva.

4. Programa

Contidos teóricos

4.1. Patrimonio inmaterial da comunidade xorda.

4.1.1. Recoñecemento oficial.

4.1.2. Repercusións na vida do colectivo xordo.

4.2. As expresións culturais propias da comunidade xorda.

4.2.1. A poesía en lingua de signos.

4.2.2. O teatro signado.

4.2.3. Outras expresións artísticas.

4.2.4. Diferenzas culturais na mesma contorna xeográfica.

4.3. Uso das marcas temporais na lingua de signos.

4.3.1. Ausencias de marca temporal nas formas verbais.

4.3.2. O uso dos adverbios temporais.

4.3.3. A posición das marcas temporais na sintaxe da lingua de signos.

4.4. O uso do espazo para a construción das comparacións.

4.4.1. Revisión do concepto de espazo sígnico.

4.4.2. A colocación dos termos da comparación.

4.5. O implante coclear.

4.5.1. Requisitos para ser candidato a un implante coclear.

4.5.2. A vida das persoas con implante coclear.

4.6. A comunidade xorda nas redes sociais.

4.6.1. Recursos e perfís vinculados coa lingua de signos e as persoas xordas.

Contidos prácticos:

4.7. Descrición de lugares e espazos.

4.7.1. Repaso do vocabulario de espazos urbanos.

4.7.2. Solicitar información acerca de enderezos.

4.7.3. Describir a contorna xeográfica.

4.8. As cidades de Galicia.

4.8.1. Toponimia propia da comunidade autónoma.

4.8.2. Signos propios da cidade e cultura ourensá.

4.9. As comparacións.

4.9.1. As comparacións entre varios elementos.

4.9.2. A creación do superlativo.

4.10. As comunidades e as principais cidades de España.

4.10.1. As comunidades autónomas.

4.10.2. As provincias.

4.11. As marcas temporais de pasado.

4.11.1. Adverbios temporais con valor de pasado.

4.12. Actividades e afeccións.

4.12.1. Vocabulario de afeccións e tempo libre.

4.12.2. Expresar gustos.

4.13. Expresión de opinións a favor e en contra.

4.13.1. Falar das ideas e pensamentos propios.

4.14. Marcas temporais de futuro.

4.14.1. Adverbios temporais con valor de futuro.

4.14.2. Expresión de desexos e plans.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o mércores 14 de maio do 2025.

Temas:Administración pública, Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido