Ficha biblioteca

Nova A Xunta apoia este ano ás entidades locais con máis de 8,1 M€ en axudas para a recollida separada de materia orgánica, aceites usados e residuos téxtiles
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación13/05/2025 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Medio ambiente, Calidade ambiental, Concienciación e sensibilización Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Ángeles Vázquez salienta que con estas achegas se desenvolverán 195 proxectos que inclúen accións como a compra de 18 camións adaptados para recoller e trasladar biorresiduos, máis de 2.450 contedores para estes refugallos e preto de 18.600 composteiros domésticos
Detalles contido
A Xunta apoia este ano ás entidades locais con máis de 8,1 M€ en axudas para a recollida separada de materia orgánica, aceites usados e residuos téxtiles Ángeles Vázquez salienta que con estas achegas se desenvolverán 195 proxectos que inclúen accións como a compra de 18 camións adaptados para recoller e trasladar biorresiduos, máis de 2.450 contedores para estes refugallos e preto de 18.600 composteiros domésticos
13/05/2025|Xunta de Galicia
  • O Executivo galego tamén axuda a sufragar a adquisición e instalación de case 800 bidóns e contedores municipais para recoller aceites domésticos e 44 contedores de roupa así como o desenvolvemento de campañas de sensibilización neste eido
  • A conselleira agradece á Deputación de Ourense o seu compromiso co axeitado tratamento dos refugallos e a aposta por estender a compostaxe polos concellos da provincia, contribuíndo á implantación dun sistema sostible de xestión de residuos

A Xunta apoia este ano ás entidades locais con algo máis de 8,1 millóns de euros en axudas para a implantación, ampliación ou mellora da recollida separada de materia orgánica de orixe doméstica, aceites usados e residuos téxtiles. Así o destacou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, ángeles Vázquez, durante a súa visita a un punto de compostaxe comunitario instalado pola Deputación de Ourense na urbanización da Uceira, no concello do Carballiño.

A responsable autonómica salientou que ao abeiro desta orde de achegas se desenvolverán un total de 195 proxectos pertencentes a 105 entidades locais cos que se pretende optimizar a xestión dos biorresiduos, aceites e residuos téxtiles que se xeran nos fogares así como concienciar á cidadanía sobre prácticas responsables neste eido.

ángeles Vázquez, que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, destacou que a maior contía das axudas (7,66 M€) corresponde ás subvencións destinadas a recoller, separar e tratar a materia orgánica de orixe doméstica, que supón o 40% da bolsa de lixo tipo en Galicia, polo que é fundamental incidir na importancia de garantir a nivel municipal o seu correcto depósito e xestión.

Con este fin -tanto para a compostaxe do conxunto da cidadanía a nivel comunitario como de particulares- o Executivo galego sufragará a adquisición de 18 camións adaptados para recoller e trasladar biorresiduos, máis de 2.450 contedores para estes refugallos en espazos públicos e preto de 18.600 composteiros domésticos.

En canto ao depósito de aceites domésticos, a Xunta vai apoiar ás entidades locais na compra e instalación de case 800 bidóns e contedores municipais para a recollida destes residuos e fará o mesmo no caso dos téxtiles, subvencionando a adquisición de 44 contedores para a recollida de roupa. Estas medidas, promovidas grazas ás axudas do Executivo galego, veranse acompañadas por accións de difusión e sensibilización dirixidas ao conxunto da cidadanía para promover as prácticas responsables neste eido.

Achegas Deputación de Ourense

á Deputación de Ourense concedéronselle dúas achegas que lle permitirán adquirir caldeiros domésticos, composteiros e a construción de áreas para promover a compostaxe comunitaria. Ao mesmo tempo desenvolveranse actuacións de formación e difusión co fin de consolidar e expandir a recollida selectiva de biorresiduos (contedor marrón) entre os grandes produtores de materia orgánica nos 14 concellos da provincia de Ourense con máis de 2.000 habitantes que teñen delegado o servizo na Deputación.

Con estas medidas de sensibilización búscase reforzar a concienciación e participación dos usuarios actuais e captar novos grandes xeradores de residuos orgánicos interesados en sumarse a esta práctica de recollida separada.

Por iso, ángeles Vázquez agradeceu ao presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, o compromiso da entidade co axeitado tratamento dos residuos e a aposta por estender a compostaxe polos concellos da provincia, contribuíndo así á implantación dun sistema sostible xestión dos biorresiduos.

Outras axudas

A estes apoios para avanzar na xestión da materia orgánica, aceites e residuos téxtiles súmanse os correspondentes a outra orde de achegas, cun orzamento de 2,6 millóns de euros, para apoiar iniciativas coas que garantir unha correcta xestión das fraccións especiais que quedan fóra da recollida domiciliaria ordinaria e non se poden depositar en ningún dos contedores existentes.

Trátase de proxectos de mellora ou posta en marcha de diferentes tipos de puntos limpos, instalacións fixas ou móbiles nos que a cidadanía pode levar e depositar refugallos de moi diversa tipoloxía como aparellos eléctricos e electrónicos, pilas e baterías, mobles e artigos domésticos, restos de podas, vidro e madeira, entre outros.

Con estas achegas a Xunta cubre ata o 90% dos custos de adquisición de 89 puntos limpos de proximidade e 10 móbiles que prestarán o servizo de forma itinerante. Ademais, tamén se concederon axudas para obras de mellora ou ampliación de puntos limpos fixos xa existentes e para construír e mellorar instalacións de preparación para a reutilización e para a autorreparación de residuos domésticos.

 
 

 

Temas:Administración local, Medio ambiente, Calidade ambiental, Concienciación e sensibilización
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido