Obxectivos e contidos
A Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (en diante, LCSP), trata de garantir que a contratación pública se axuste aos principios de liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia dos procedementos e non discriminación e igualdade de trato entre os licitadores e asegurar, entre outros, a adquisición de bens e a contratación de servizos mediante a exixencia da definición previa das necesidades para satisfacer, a salvagarda da libre competencia e a selección da oferta economicamente máis vantaxosa.
As condutas colusorias en virtude do artigo 1 da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia (en diante, LDC), son calquera tipo de acordo, decisión ou recomendación colectiva, ou práctica concertada ou conscientemente paralela, que teña por obxecto, produza ou poida producir o efecto de impedir, restrinxir ou falsear a competencia.
Os artigos 69.2 e 150.1 LCSP fan referencia á obrigación que ten, con carácter previo á adxudicación do contrato, o órgano de contratación de trasladar os indicios fundados de condutas colusorias que poidan darse no seo de licitacións.
A LCSP pon ao dispor das administracións públicas licitadoras vías para comunicar ás autoridades de competencia condutas colusorias (artigos 132 e 150).
Os contidos da xornada serán os seguintes:
• A contratación pública e a defensa da competencia.
• A articulación dos procedementos dos artigos 132 a 150 da LCSP.
• Estudo de casos reais presentados ante a Comisión Galega da Competencia (en diante, CGC).
• O ámbito de actuación do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Tacgal) en relación coa competencia.
Persoas destinatarias
Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local; da Administración de xustiza; das universidades do Sistema universitario de Galicia; así como profesionais e persoas interesadas en xeral.
Desenvolvemento
- Data: venres 13 de xuño de 2025.
- Modalidade: presencial.
- Horario: de mañá.
- Horas lectivas: 5.
- Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP); rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
- Cuarta. Número de prazas
- Número de prazas limitado á capacidade do local.
Inscrición.
1. As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo . As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade, todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo co requirido e establecido na base segunda desta resolución respecto das persoas destinatarias.
3. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que está integrada esta actividade (Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas) e despois seleccionar no nome do curso a Xornada sobre o procedemento do artigo 150 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (LCSP).
4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 8 de xuño de 2025.
Temas:Administración local, Contratación pública, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia