Curso: Ferramentas de Intelixencia Artificial nas Administracións Públicas
Persoas destinatarias: Persoal da Deputación de Pontevedra e dos concellos adheridos ao Plan agrupado de formación continua.
Número de horas: 30
Datas: Do 15/09/2025 ao 31/10/2025
Metodoloxía: Teórico-práctica
Obxectivos: Ofrecer unha visión ampla e práctica das ferramentas de Intelixencia artificial (IA) e as súas posibilidades de mellora na xestión pública.
Contido:
Introdución á IA
- Definición e conceptos básicos
- Historia e evolución
- Tipos de IA e as súas aplicacións principais
Aplicacións da IA na Administración pública
- Usos actuais de IA na xestión pública
- Casos de éxito en diferentes administracións
- ámbitos clave de aplicación: xestión de trámites, atención á cidadanía e análise de datos públicos
Ferramentas de IA para a automatización de procesos
- Robótica e automatización de procesos administrativos (RPA)
- Sistemas de recomendación e clasificación de solicitudes
- Análise preditiva para a toma de decisións
Análise de datos e big data na Administración pública:
- Xestión de grandes volumes de datos públicos
- Técnicas de análise de datos para mellorar servizos e políticas públicas
- IA aplicada á análise de tendencias e predicións
IA e mellora da atención á cidadanía:
- Sistemas de atención virtual (chatbots, asistentes virtuais)
- Personalización da atención á cidadanía mediante IA
- Integración de IA nas plataformas de xestión cidadá
ética e desafíos legais da IA na Administración pública:
- Aspectos éticos no uso de IA en administracións públicas
- Regulación e normativas sobre o uso de IA e protección de datos
- Transparencia e responsabilidade nos sistemas de IA
Implementación de ferramentas de IA na Administración pública:
- Pasos para integrar IA nos procesos administrativos
- Retos e obstáculos na adopción de IA en institucións públicas
- Capacitación e formación do persoal público na utilización de IA
Casos prácticos e estudos de implementación de IA:
- Análise de proxectos exitosos en administracións públicas
- Debate sobre os beneficios e os riscos na implementación de IA
- Simulación de implementación de ferramentas de IA en diferentes contextos públicos
Temas:Administración pública, Economía, empresa e emprego
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Pontevedra
Ámbitos xeográficos:Pontevedra