Ficha biblioteca

Nova Máis de 140 concellos solicitaron asesoramento sobre redes de telefonía e Internet á oficina creada hai 10 anos pola Xunta e os enxeñeiros de telecomunicacións
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación20/06/2025 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración dixital, Administración local, Territorio, vivenda e transporte Tipo de contidoNovas ColectivosEntidades locais, Outras administracións OrganizaciónsXunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A Oficina Concellos leva dende 2014 informando e respondendo consultas dos municipios sobre a regulación das telecomunicacións e o seu despregamento, que son de competencia estatal
Detalles contido
Máis de 140 concellos solicitaron asesoramento sobre redes de telefonía e Internet á oficina creada hai 10 anos pola Xunta e os enxeñeiros de telecomunicacións A Oficina Concellos leva dende 2014 informando e respondendo consultas dos municipios sobre a regulación das telecomunicacións e o seu despregamento, que son de competencia estatal
20/06/2025|Xunta de Galicia
  • Ademais de elaborar guías, distribuír circulares, organizar sesións informativas e manter unha web informativa, a Oficina responde consultas específicas das entidades locais
  • Os 10 anos deste servizo foron conmemorados hoxe nun evento que se celebrou no centro GaiásTech da Cidade da Cultura

Máis de 140 municipios de Galicia, sobre todo das áreas rurais, recorreron aos servizos da Oficina Concellos da Xunta, que proporciona información e axuda sobre o despregamento de redes de telecomunicacións no ámbito local.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (AETG) levan 10 anos asesorando e informando aos concellos galegos sobre o despregamento de redes de telefonía e internet. A Oficina Concellos creouse en 2014 no marco do convenio de colaboración que manteñen ambas entidades co obxectivo de axudar ás entidades locais en aspectos relacionados coa normativa e as solucións técnicas aplicables nas diferentes zonas. O despregamento das redes de telecomunicacións é responsabilidade do Estado e depende das empresas que actúan como operadoras do servizo.

Ademais de responder centenares de consultas específicas das entidades locais, a Oficina desenvolveu sesións informativas nas que participaron máis de 2.000 persoas dos concellos e axentes locais de telecomunicacións. Ademais dun teléfono de atención diaria, o servizo dispón dunha web que ofrece todo tipo de información.

Entre as publicacións distribuídas na última década destacan o informe sobre as directivas de paisaxe da Lei de Ordenación do Territorio de Galicia, sobre a ordenación de tendidos aéreos de cables; as recomendacións para a introdución de infraestruturas de telecomunicacións nos plans urbanísticos; ou a Guía de Solucións de Conectividade na Casa ante a crise do COVID 19.

A Oficina tamén elaborou comunicacións específicas para axudar aos concellos a presentar alegacións ás consultas públicas da Secretaría de Estado de Telecomunicacións relacionadas co programa UNICO, co que o Estado se comprometeu a cumprir co obxectivo de que o 100% da poboación española dispoña de internet de banda larga de, ao menos, 100 Mbps. Tamén circulou información sobre a viabilidade dos tendidos aéreos de telecomunicacións nos núcleos rurais tradicionais, así como sobre todas as novidades lexislativas que atinxen a telecomunicacións e concellos.

Entre as sesións informativas destacan as que permitiron compartir boas prácticas para compartir tendidos de alumeado no despregamento da fibra óptica; ou as que presentaron casos prácticos de tramitación de infraestruturas de telecomunicacións.

Os 10 anos de existencia da Oficina foron conmemorados hoxe cun evento que se celebrou no centro GaiásTech da Cidade da Cultura, ao que asistiron persoal dos concellos e axentes do sector das telecomunicacións.

 

Temas:Administración dixital, Administración local, Territorio, vivenda e transporte
Colectivos:Entidades locais, Outras administracións
Organizacións:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido