Ficha biblioteca

Nova As entidades locais da provincia da Coruña integradas en Concello Dixital disporán da aplicación de arquivo electrónico
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación04/07/2025 FonteDeputación da Coruña
Taxonomía
TemasAdministración dixital Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de A Coruña Ámbitos xeográficosA Coruña
Descrición A plataforma de administración electrónica TEDeC, baixo a que operan oitenta entidades locais de provincia da Coruña ao abeiro do proxecto Concello Dixital da Deputación Provincial, ven de recibir una nova integración orientada ó arquivo definitivo de expedientes e documentos electrónicos.
Detalles contido
As entidades locais da provincia da Coruña integradas en Concello Dixital disporán da aplicación de arquivo electrónico A plataforma de administración electrónica TEDeC, baixo a que operan oitenta entidades locais de provincia da Coruña ao abeiro do proxecto Concello Dixital da Deputación Provincial, ven de recibir una nova integración orientada ó arquivo definitivo de expedientes e documentos electrónicos.
04/07/2025|Deputación da Coruña

O Concello de Oroso está a ser o escenario da fase piloto da integración da ferramenta Archive na plataforma de administración electrónica TEDeC.

A plataforma de administración electrónica TEDeC, baixo a que operan oitenta entidades locais de provincia da Coruña ao abeiro do proxecto Concello Dixital da Deputación Provincial, ven de recibir una nova integración orientada ó arquivo definitivo de expedientes e documentos electrónicos.

Así, a comezos de xuño, arrancaba formalmente na sede municipal do Concello de Oroso a fase de probas desta nova funcionalidade, coa asistencia do seu secretario municipal e traballadores municipais da área de Arquivo. A presentación e demostración técnica do proxecto estivo dirixida polos responsables da Sección de Administración Electrónica da Deputación da Coruña, co apoio do equipo técnico do proxecto de Arquivo Electrónico Provincial e tamén da área de Transformación de Concello Dixital.

Archive é unha aplicación web de arquivo definitivo de expedientes e documentos electrónicos, que cumpre co disposto no RD 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no eido da Administración electrónica. A implantación do arquivo electrónico nas entidades locais require da aprobación previa da política de xestión documental municipal.

A fase piloto desta integración é o preludio da súa implantación en todo o mapa do ecosistema Concello Dixital da Deputación da Coruña. A posta en marcha desta ferramenta representa un novo fito na folla de ruta da entidade provincial cara a transformación dixital das entidades locais da provincia.

 

Temas:Administración dixital
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de A Coruña
Ámbitos xeográficos:A Coruña
Valorar:
Compartir contido