Ficha biblioteca

Nova A Xunta publica no DOG os decretos de aprobación dos novos símbolos Heráldicos para o concello de Ribadeo e a Entidade Local menor de Morgadáns
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación01/08/2025 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Heráldica Tipo de contidoNovas, Normativa ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A Xunta publica no DOG de hoxe os decretos de aprobación dos novos símbolos Heráldicos para o concello de Ribadeo e a Entidade Local menor de Morgadáns
Detalles contido
A Xunta publica no DOG os decretos de aprobación dos novos símbolos Heráldicos para o concello de Ribadeo e a Entidade Local menor de Morgadáns A Xunta publica no DOG de hoxe os decretos de aprobación dos novos símbolos Heráldicos para o concello de Ribadeo e a Entidade Local menor de Morgadáns
23/07/2025|Xunta de Galicia

― O Goberno autonómico leva aprobados un total de 289 escudos e bandeiras das entidades locais de Galicia atendendo ás peticións dos concellos para adoptar os seus símbolos segundo o decreto que os regula

Hoxe publícanse no DOG os decretos polos que aproban novos símbolos para o Concello de Ribadeo e a Entidade Local Menor de Morgadáns, no municipio pontevedrés de Gondomar, tanto escudo como bandeira, e que xa recibiran o informe favorable na reunión da Comisión de Heráldica do pasado 30 de xuño.

Este órgano consultivo da Xunta de Galicia, adscrito á consellería competente en materia de réxime local, é o encargado de emitir informes vinculantes de aprobación, modificación ou rehabilitación de escudos heráldicos e bandeiras das entidades locais galegas.

Segundo vén definido no decreto, no caso do Ribadeo a bandeira leva o pano de azul coa chave de amarelo acompañada, no alto, dunha estrela de oito puntas branca. Ao batente, dúas franxas ondadas e verticais, de branco.

. No caso do escudo é de azur (azul) e sobre ondas de prata (branco) e azur, unha chave de ouro (amarelo), posta en banda e acompañada, no xefe dunha estrela de oito puntas de prata (branco). Ao timbre, coroa real pechada.

Por outra parte, en canto á bandeira da entidade local menor de Morgadáns, no Concello de Gondomar, aprobouse que sexa terzada, de verde ao centro cunha pinza de canteira de amarelo. á hasta e ao batente de amarelo con cadansúa cabeza de cabalo ao natural e sobre ondas azuis. 

En canto ao escudo, é de sinople (verde), unha pinza de canteira de ouro (amarelo); mantelado de ouro, con cadansúa cabeza de cabalo ao natural sobre ondas azuis. Ao timbre, a coroa real pechada. 

O Goberno galego leva aprobados un total de 289 escudos e bandeiras das entidades locais de Galicia no seo da Comisión Heráldica da Xunta, tras a petición dos respectivos concellos de adoptar, modificar ou rehabilitar os seus símbolos, en aplicación do Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, que os regula.

Os municipios e as demais entidades locais de Galicia poden adoptar escudos heráldicos e bandeiras propios e privativos, modificar os xa existentes ou rehabilitar os que historicamente se empregasen, baseándose sempre en feitos históricos ou xeográficos característicos e peculiares do seu territorio e conforme as normativas de heráldica.

Ningunha entidade local de Galicia poderá utilizar escudo heráldico ou bandeira que non fosen aprobados polo Consello da Xunta de Galicia, sen prexuízo daqueles que foron aprobados pola Administración do Estado con anterioridade á transferencia de competencias a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Temas:Administración local, Heráldica
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido