Ficha biblioteca

Nova A Xunta abre mañá o prazo aos concellos para que se acollan á orde de axudas dirixidas ao financiamento de programas de inclusión social
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación19/08/2025 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de axudas destinadas aos concellos para que poidan desenvolver programas de inclusión social orientados á poboación xitana, inmigrante e a outras persoas que se atopen en risco de exclusión.
Detalles contido
A Xunta abre mañá o prazo aos concellos para que se acollan á orde de axudas dirixidas ao financiamento de programas de inclusión social O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de axudas destinadas aos concellos para que poidan desenvolver programas de inclusión social orientados á poboación xitana, inmigrante e a outras persoas que se atopen en risco de exclusión.
19/08/2025|DOG
  • Póñense a disposición das entidades locais máis de 8 millóns de euros para o período 2025-2027, un 5,6 % máis que na anterior convocatoria
  • Subvenciónanse actividades para a inserción sociolaboral, de apoio familiar ou de atención a persoas sen fogar, entre outras

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de axudas destinadas aos concellos para que poidan desenvolver programas de inclusión social orientados á poboación xitana, inmigrante e a outras persoas que se atopen en risco de exclusión. Deste xeito, o Goberno galego pon á disposición das administracións locais máis de 8 millóns de euros para o período 2025-2027, o que supón un incremento dun 5,6 % respecto á anterior convocatoria (2023-2025).

As entidades locais interesadas en acollerse a estas achegas teñen de prazo un mes, contado a partir de mañá, para presentar as solicitudes. Deberán facelo obrigatoriamente por medios electrónicos mediante o formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A través desta orde de subvencións, os concellos, as mancomunidades ou agrupacións de concellos poderán financiar, entre outras, actuacións de apoio á inclusión social ou laboral, programas para favorecer a inclusión residencial, servizos de mediación social e intercultural e accións de educación e apoio familiar dirixidas a familias en situación ou risco de exclusión social. O prazo para cumprimentar os programas subvencionados mantense nos dous anos, co obxectivo de que os proxectos ofertados teñan unha maior seguridade e estabilidade financeira.

Esta liña de axudas está cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus 2021-2027 e enmárcase na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2023-2030, que fai fincapé na importancia das medidas orientadas á inclusión social das persoas usuarias dos servizos sociais comunitarios.

Temas:Administración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido