Ficha biblioteca

Nova A Xunta de Galicia convoca máis de 1.300 prazas para obter a certificación galega de competencias dixitais no nivel de iniciación
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación10/09/2025 FonteAMTEGA
Taxonomía
TemasAdministración dixital, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Novas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as, Empresas OrganizaciónsXunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición As inscricións poden realizarse desde mañá e ata o mércores 24 de setembro
Detalles contido
A Xunta de Galicia convoca máis de 1.300 prazas para obter a certificación galega de competencias dixitais no nivel de iniciación As inscricións poden realizarse desde mañá e ata o mércores 24 de setembro
10/09/2025|AMTEGA
  • As probas realizaranse os días 29, 30 e 31 de outubro de forma presencial nas aulas CeMIT de 41 concellos de toda Galicia
  • Esta certificación acredita o nivel de competencia das persoas na utilización das tecnoloxías dixitais no eido persoal, social e profesional

A Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de  1.342 prazas de carácter libre para obter a Certificación galega en competencias dixitais no nivel Iniciación (ComDix Iniciación). As inscricións poden realizarse desde mañá e ata o vindeiro 24 de setembro, incluído, a través da Rede CeMIT.

Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía e ten como finalidade acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social ou profesional. As probas realizaranse os días 29, 30 e 31 de outubro. Os lugares, datas e horarios pódense consultar na páxina web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), na que figura o calendario das probas presenciais nas aulas CeMIT de 41 concellos de Galicia.

Tras a finalización do prazo de inscrición, e logo da publicación do listado definitivo no caso de que existan prazas vacantes, abrirase un período extraordinario para a súa adxudicación mediante solicitude dos participantes que figuren nos listados de espera.

Contidos online e avaliación

Na plataforma de teleformación da rede CeMIT pódense atopar en liña os contidos formativos para a preparación da proba, que abarcan as 5 áreas e as 21 competencias definidas no Marco Galego de competencias dixitais. Para obter o certificado ComDix Iniciación é preciso superar na proba un cuestionario de entre 60 e 70 preguntas tipo test que inclúe a avaliación das 21 competencias que establece o Marco Galego ComDix.

 
 

 

Temas:Administración dixital, Ensino e formación
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as, Empresas
Organizacións:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido