Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar o contido ofrecido.
A EGAP Convoca en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) o curso monográfico "A regulación da intelixencia artificial: sistemas e datos. Regulación da normativa europea, estatal e autonómica"
Obxectivos
Este curso monográfico ten como obxectivo analizar o marco normativo da intelixencia artificial desde unha perspectiva europea, estatal e autonómica, con especial atención á lexislación galega recentemente aprobada. A través de relatorios impartidos por expertos/as en dereito administrativo, abordaranse os principios éticos e xurídicos que deben rexer o uso da intelixencia artificial, a súa aplicación na Administración pública, as medidas de impulso e a súa gobernanza, a contratación pública e a formación de empregados/as e cidadanía, nun contexto de transformación dixital responsable e segura.
Contidos
Persoas destinatarias
Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local; da Administración de xustiza; das universidades do Sistema universitario de Galicia; xuristas, profesionais, alumnado universitario e persoas interesadas en xeral.
Desenvolvemento
Inscrición