Curso sobre normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia
1. Persoas destinatarias
- * Técnicos/as e outros empregados/as públicos/as das entidades locais responsables da planificación, programación, organización ou coordinación de espectáculos públicos ou actividades recreativas.
- * Persoal ao servizo da Administración local que desempeñe postos de traballo nos servizos e instalacións deportivas e culturais da Deputación de Ourense ou dos concellos e mancomunidades da provincia como controladores de accesos.
- * Concelleiros/as de cultura e deportes das entidades locais da provincia de Ourense.
2. Desenvolvemento
- 2.1. Modalidade da acción formativa: Híbrida (telepresencial + presencial).
- 2.2. Duración: 30 horas.
- 2.3. Datas de realización: do 16 de outubro ao 17 de novembro de 2025.
- 2.4. Días das sesións telepresenciais: 16-23-27 de outubro e 6-10-13 de novembro de 2025; de 17.00 a 20.00 horas.
- 2.5. Días das sesións presenciais: 30 de outubro e 3-17 de novembro de 2025; de 16.15 a 19.15 horas.
- 2.6. Prazas: 15 participantes.
- 2.7. Número de edicións: unha.
3. Obxectivos
- * Capacitar o persoal dos servizos de cultura e deportes das entidades locais da provincia no coñecemento, interpretación e aplicación da normativa autonómica vixente en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas, co fin de garantir a legalidade, seguridade e calidade na programación e xestión destes eventos no ámbito local.
- * Estudar o marco normativo autonómico e estatal aplicable aos espectáculos públicos e actividades recreativas en Galicia.
- * Instruír os/as traballadores/as da Administración local nas competencias municipais de autorización, control e supervisión de espectáculos e actividades recreativas.
- * Analizar os requisitos legais e técnicos para a organización de eventos culturais, deportivos e recreativos.
- * Interpretar os procedementos administrativos para a tramitación de licenzas, autorizacións e comunicacións previas.
- * Recoñecer os mecanismos de inspección, control, sanción e responsabilidade aplicables.
- * Formar ao persoal dos centros culturais e deportivos para que promovan boas prácticas na xestión local de eventos, garantindo a seguridade da cidadanía e o cumprimento da normativa de aplicación.
4. Programa
4.1. Introdución e marco normativo.
4.1.1. Finalidade do curso e formación específica.
4.1.2. Lexislación estatal e autonómica aplicable.
4.1.3. Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.
4.1.4. Regulamento de desenvolvemento e outras disposicións conexas.
4.2. Clasificación e réxime xurídico dos espectáculos e actividades recreativas.
4.2.1. Tipoloxía de espectáculos públicos e actividades recreativas.
4.2.2. Diferenzas entre licenzas, autorizacións e comunicacións previas.
4.2.3. Actividades sometidas á declaración responsable.
4.2.4. Supostos especiais: eventos en espazos abertos, instalacións temporais, etc.
4.3. Competencias dos municipios.
4.3.1. Funcións dos concellos na materia.
4.3.2. Coordinación con outras administracións e servizos (Xunta, Subdelegación do Goberno, Policía, 061 Protección Civil).
4.3.3. Elaboración de ordenanzas municipais.
4.4. Requisitos para a celebración de espectáculos e eventos.
4.4.1. Condicións técnicas e de seguridade: capacidade, saídas de emerxencia, sinalización, plans de autoprotección.
4.4.2. Accesibilidade e normativa contra incendios.
4.4.3. Contratación de persoal de seguridade e servizos auxiliares.
4.4.4. Medidas para evitar molestias veciñais (ruído, horarios, limpeza etc.).
4.5. Procedementos administrativos e tramitación.
4.5.1. Procedementos para obter licenzas e autorizacións.
4.5.2. Prazos, documentación e correccións.
4.5.3. Inspección municipal e control previo/posterior.
4.5.4. Casos prácticos: feiras, concertos, festas populares, competicións deportivas.
4.6. Réxime sancionador.
4.6.1. Infraccións e sancións segundo a normativa galega.
4.6.2. Procedementos sancionadores.
4.6.3. Medidas cautelares: suspensión de eventos, precintos, etc.
4.6.4. Responsabilidade dos organizadores e do persoal municipal.
5. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o martes 14 de outubro do 2025.