Curso de actualización na lexislación estatal e autonómica de protección e benestar animal
1. Persoas destinatarias
- * Traballadores/as das entidades locais da provincia que desenvolvan a súa actividade profesional en explotacións agropecuarias e nas canceiras de titularidade provincial.
- * Persoal ao servizo da Administración local que polo seu posto de traballo estea relacionado coa materia que se vai tratar no curso.
2. Desenvolvemento
- 2.1. Modalidade da acción formativa: en liña.
- 2.2. Duración: 30 horas.
- 2.3. Datas de realización: do 22 de outubro ao 14 de novembro de 2025.
- 2.4. Prazas: 30 participantes.
- 2.5. Número de edicións: unha.
3. Obxectivos
- * Coñecer os cambios e novidades lexislativas máis significativas en materia de benestar e protección animal recollidas na Lei 4/2017.
- * Adquirir a formación esixida pola lexislación vixente en materia de normativa de protección e benestar animal.
- * Recoñecer aspectos xerais, sociais e comunitarios máis salientables do benestar animal en explotacións agropecuarias.
- * Estudar a lexislación específica, estatal e autonómica, sobre a regulación das colonias felinas e a obrigación de esterilizar e identificar a todos os gatos.
- * Identificar que di a lei estatal de protección animal sobre as obrigas para as persoas responsables da tenencia ou paseo de cans considerados como potencialmente perigosos.
- * Estudar a obrigatoriedade, recollida na lei estatal de benestar animal, de realizar un seguro obrigatorio para cans.
- * Analizar como actuar ante as diferentes situacións que poden reflectir nun deterioro do benestar animal e a necesidade de intervencións.
4. Programa
4.1. Principais novidades da Lei 4/2017, de protección animal de Galicia.
4.1.1. Prohibe o sacrificio dos animais.
4.1.2. Regula as colonias felinas.
4.1.3. Que di a lei autonómica sobre os cans potencialmente perigosos.
4.2. Principais novidades da Lei 7/2023, de protección animal estatal.
4.2.1. Novas definicións na Lei estatal de protección animal.
4.2.2. Animais excluídos na Lei estatal de protección animal.
4.2.3. Prohibe o sacrificio de animais de compañía.
4.2.4. Que di a lei estatal de protección animal sobre os cans potencialmente perigosos.
4.2.5. Regulación das colonias felinas na lei estatal de protección animal.
4.2.6. Esterilización obrigatoria de todos os gatos de casa e dos gatos comunitarios, na lei estatal de protección animal.
4.2.7. Curso obrigatorio para a tenencia de cans, segundo a lei estatal de protección animal.
4.2.8. Seguro obrigatorio para a tenencia de cans, segundo a lei estatal de protección animal.
4.3. Conflito competencial entre a lei estatal e a lei autonómica.
4.4. Conclusións.
5. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o luns 20 de outubro de 2025.
Temas:Administración local, Ensino e formación, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense