Ficha biblioteca

Nova A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca preto de 2.500 prazas para obter a certificación galega de competencias dixitais no nivel intermedio
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación13/10/2025 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración dixital, Sociedade da información, Tecnoloxía e telecomunicacións Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición As probas realizaranse os días 26, 27 e 28 de novembro e 3, 4 e 5 de decembro de forma presencial nas aulas CeMIT de 51 concellos de toda Galicia
Detalles contido
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca preto de 2.500 prazas para obter a certificación galega de competencias dixitais no nivel intermedio As probas realizaranse os días 26, 27 e 28 de novembro e 3, 4 e 5 de decembro de forma presencial nas aulas CeMIT de 51 concellos de toda Galicia
13/10/2025|Xunta de Galicia
  • As inscricións poden realizarse desde mañá o e ata o luns 27 de outubro incluído
  • As probas realizaranse os días 26, 27 e 28 de novembro e 3, 4 e 5 de decembro de forma presencial nas aulas CeMIT de 51 concellos de toda Galicia
  • Esta certificación acredita o nivel de competencia das persoas na utilización das tecnoloxías dixitais no eido persoal, social e profesional

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de  2.456 prazas de carácter libre para obter a Certificación galega en competencias dixitais no nivel intermedio (ComDix Intermedio). As inscricións poden realizarse desde mañá e ata o vindeiro 27 de outubro incluído, a través da Rede CeMIT.

Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía e ten como finalidade acreditar os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarias para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social ou profesional. As probas realizaranse os días 26, 27 e 28 de novembro e 3, 4 e 5 de decembro.

Os lugares, datas e horarios pódense consultar na páxina web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), na que figura o calendario das probas presenciais nas aulas CeMIT de 51 concellos de Galicia, e dende onde se poderán realizar todos os trámites relacionados con esta convocatoria, dende a inscrición ata a consulta de persoas admitidas.

Tras a finalización do prazo de inscrición, e logo da publicación do listado definitivo no caso de que existan prazas vacantes, abrirase un período extraordinario para a súa adxudicación mediante solicitude dos participantes que figuren nos listados de espera.

Contidos online e avaliación

Na plataforma de teleformación da rede CeMIT pódense atopar en liña os contidos formativos para a preparación da proba, que abarcan as 5 áreas e as 21 competencias definidas no Marco Galego de competencias dixitais. Para obter o certificado ComDix intermedio é preciso superar na proba un cuestionario de entre 60 e 70 preguntas tipo test que inclúe a avaliación das 21 competencias que establece o Marco Galego ComDix.

Novas convocatorias para o ano 2026

Durante o ano 2025 convocáronse 3.182 prazas para obter a certificación de competencias dixitais (ComDix), tanto no seu nivel Iniciación (2.235) como no seu nivel Intermedio (947), ás que se lle suman estas 2.456 que se convocan neste mes de outubro.

A estas probas presentáronse un total de 1.581 persoas, resultando aptas e obtendo a certificación 1.182 persoas, o 75% das presentadas.

Durante o próximo ano 2026 seguiranse convocando de forma periódica estas probas no Diario Oficial de Galicia, tanto  no seu nivel Iniciación como de Intermedio.

 
 

 

Temas:Administración dixital, Sociedade da información, Tecnoloxía e telecomunicacións
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido