Ficha biblioteca

Nova A Xunta reforza nos orzamentos de 2026 o Fondo de cooperación local ata os 187 M€
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación14/10/2025 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Economía galega Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O Goberno galego sinalou que o incremento desta dotación é de preto dun 12% máis que neste exercicio
Detalles contido
A Xunta reforza nos orzamentos de 2026 o Fondo de cooperación local ata os 187 M€ O Goberno galego sinalou que o incremento desta dotación é de preto dun 12% máis que neste exercicio
14/10/2025|Xunta de Galicia
  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, reuníronse hoxe con representantes da Fegamp

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, anunciaron hoxe que nos Orzamentos para 2026 a Xunta reforzará o Fondo de Cooperación Local ata os 187 millóns de euros, un incremento catro veces por riba da regra de gasto.

Tras a xuntanza co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, o conselleiro de Facenda e Administración Pública subliñou o incremento desta dotación, case un 12% máis que a partida para este 2025, que foi de 168 millóns de euros.

Miguel Corgos resaltou que, un ano máis, o Goberno galego mantén “o esforzo no financiamento das entidades locais” e recolle a meirande parte das demandas da Fegamp. Este esforzo, incidiu, está reflectido na creación “dun fondo adicional con 59 millóns de euros destinado a blindar o financiamento da futura Lei de Administración Local (Lalga), que se prevé aprobar en 2026”.

Diego Calvo explicou que unha vez aprobada a Lalga entrarán en vigor os criterios recollidos na nova norma. Polo tanto, “estamos ante un ano de transición” durante a súa tramitación e aplicarase un “réxime transitorio” como unha salvagarda para todos os concellos, de maneira que non se reduzan os fondos pese ao cambio de criterios. Ademais, teranse en conta as propostas que as entidades locais “nos levan realizando”.

Cómpre sinalar que Galicia foi unha comunidade pioneira en establecer desde 2011 un instrumento de financiamento estable das entidades locais a través do Fondo de Cooperación Local. Regulado anualmente a través das leis de orzamentos da comunidade, establece un modelo de participación estable das entidades locais nos tributos autonómicos.

Ademais, a Xunta leva anos reclamándolle ao Goberno central a definición dun novo modelo de financiamento local que teña presente as especiais características da comunidade, como a dispersión xeográfica ou o envellecemento, e que esa negociación se realice de forma paralela á do financiamento autonómico. Búscase así garantir a suficiencia financeira dos concellos pero, mentres, desde a Xunta, estase a compensar estes desfases con transferencias ás entidades locais tanto co Fondo de Cooperación Local como con outras liñas de axudas específicas. Nesta liña, cómpre aclarar que na nova Lei de Administración Local de Galicia, o Goberno galego xa prevé abordar un novo sistema de financiamento local que integrará entre outras cuestións, criterios de dispersión e envellecemento, algo que a Xunta leva reclamando durante anos ao Estado.

 

Temas:Administración local, Economía galega
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido