Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar o contido ofrecido.
A Deputación da Coruña investirá o ano que vén 3.585.000 euros en sete das súas liñas de subvencións aos concellos para gastos de cultura, turismo, lingua e igualdade. As bases de todas as convocatorias están publicadas no BOP do 14 de outubro, e o prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto, tamén en todos os casos, entre o 21 de outubro e o 21 de novembro.
Os programas de axudas son os seguintes:
Patrimonio cultural A Deputación abriu tamén a convocatoria do programa DP0045/2026, de subvencións a concellos de menos de 50.000 habitantes para realizar actuacións de protección especial sobre o patrimonio cultural público ou de xestión municipal. A contía máxima da subvención non poderá superar os 150.000 € por actuación.
As bases están publicadas do BOP do 15 de outubro e a convocatoria, aberta entre o 21 de outubro e o 21 de xaneiro de 2026.
Tanto as solicitudes como o resto da tramitación de todas as convocatorias realizaranse por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña