Ficha biblioteca

Evento Curso de formación para bombeiros/as e persoal dos GES: Curso de actualización na extinción de incendios industriais
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación29/10/2025 FonteBOP de ourense
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición Este curso vai dirixido ao persoal que desenvolva a súa actividade profesional nos corpos de bombeiros/as das entidades locais da provincia
Detalles contido
LugarSalvaterra de Miño OrganizadorDeputación de Ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
12/11/2025 8:00 15:00
13/11/2025 8:00 15:00
14/11/2025 8:00 15:00
Evento

Curso de formación para bombeiros/as e persoal dos GES: Curso de actualización na extinción de incendios industriais

1. Persoas destinatarias

  • * Persoal que desenvolva a súa actividade profesional nos corpos de bombeiros/as das entidades locais da provincia.
  • * Persoal que desenvolva a súa actividade profesional no Parque de Bombeiros/as da Deputación de Ourense.
  • * Persoal dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) dos concellos da provincia de Ourense.

2. Desenvolvemento

  • 2.1. Modalidade da acción formativa: presencial.
  • 2.2. Duración: 21 horas.
  • 2.3. Datas de realización: días 12-13 -14 de novembro de 2025.
  • 2.4. Horario das clases: de 08.00 a 15.00 horas.
  • 2.5. Lugar de realización: Instalacións de Formación de Seganosa en Salvaterra de Miño.
  • 2.6. Prazas: 18 participantes.
  • 2.7. Número de edicións: unha edición.

3. Obxectivos

  • * Proporcionarlles aos/ás alumnos/as os coñecementos teóricos e prácticos que lles habiliten para realizar as operacións de ataque inicial e sostido, de control e de liquidación dun incendio industrial, dándolle a coñecer as ferramentas e técnicas necesarias, e as pautas para que poidan integrarse como unidade nunha estrutura de maior complexidade, dentro do marco de seguridade e eficacia máis axeitado, e de acordo aos protocolos de actuación.
  • * Formar os/as bombeiros/as na interpretación visual do comportamento do lume en instalacións industriais para que poidan predicir a súa evolución, e establecer a seguridade das actuacións ou posicións dentro da zona de influencia do incendio.
  • * Facer partícipes aos grupos de emerxencias dunha formación básica de carácter integral en materia de loita contra incendios industriais, para a súa óptima intervención inicial ante situacións de emerxencia.
  • * Concienciar os/as traballadores/as dos servizos de extinción de incendios e de emerxencias da necesidade de empregar os instrumentos e medios de traballo dunha forma segura e de que se protexan adecuadamente para evitar lesións.

4. Programa

I. Módulo teórico

1. área xeral de operacións:

1.1. Zonificación. Estrutura de organización básica.

1.2. Sectorización. Estrutura de organización avanzada.

2. Principios técnicos dos medios de resposta. Mecanismos de extinción. Organización da intervención integrada nun plan de emerxencia.

3. Procedemento de organización e intervención nun accidente maior con explosións.

3.1. Funcións de cada posto.

3.2. Cadro de mando.

3.3. Roles dos bombeiros/as.

3.4. Medidas correctoras. EPI.

4. Organización de accións. AGO.

4.1. Prioridades e condicións da contorna.

4.2. Riscos especiais.

4.3. Protección activa e pasiva.

5. Formulacións tácticas. Ofensivas. Defensivas.

6. Técnicas de extinción en contorna industrial.

7. Intervención en accidentes maiores.

7.8. Explosións. Rango de inflamabilidade.

8. Intervención en accidentes maiores. Gases.

8.1. A Bleve (boiling liquid expanding vapour explosión). Arrefriamento.

9. Intervención en accidentes maiores. Líquidos.

9.1. Rebordamento por ebulición “boilover”. “Slopover”.

II. Módulo práctico

1. Simulación didáctica. Rango de inflamabilidade.

2. Exercicios con extintores portátiles.

2.1. Traballo en grupo.

2.2. Traballo con liña de protección.

3. Exercicio combinado de módulo industrial. (Training).

3.1. Extinción por obxectivos. Prioridades.

3.2. Zonificación.

4. Exercicio en módulo industrial. (Training).

4.1. Sectorización.

4.2. Métodos de protección.

5. Procedementos de arrefriado.

5.1.Estación de carga.

5.2. Efectividade das medidas adoptadas.

6. Exercicio en módulo industrial. (Modo simulacro).

6.1.Gases. Comportamento. Accións de ataque.

7. Exercicio en módulo industrial: aplicación de escuma.

8. Exercicio en módulo industrial. (Modo simulacro).

8.1. Líquidos. Comportamento. Accións de ataque.

8.2. Control de derrames. Lanza profesional.

8.3. Aplicación efectiva de axentes extintores.

9. Exercicio en módulo industrial. (Modo simulacro).

9.1. Sectores de traballo.

9.2. Organización dirixida desde o Posto de Mando Avanzado.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o xoves 6 de novembro de 2025.

Temas:Administración pública, Administración local
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido