Ficha biblioteca

Nova A Xunta apoia aos concellos con máis de 17,3 M€ para os seus servizos sociais e programas de inclusión
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación07/11/2025 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición As achegas concédense a través de dúas liñas destinadas ás prestacións básicas de servizos sociais e a programas de reforzo de equipos de atención á infancia e familias
Detalles contido
A Xunta apoia aos concellos con máis de 17,3 M€ para os seus servizos sociais e programas de inclusión As achegas concédense a través de dúas liñas destinadas ás prestacións básicas de servizos sociais e a programas de reforzo de equipos de atención á infancia e familias
07/11/2025|Xunta de Galicia
  • Estes apoios serven para cofinanciar gastos de persoal, o Servizo de Axuda no Fogar Básico, programas de inclusión e centros de emerxencia social
  • A maior contía é para a contratación de máis de 830 profesionais, entre traballadores sociais, educadores sociais, auxiliares administrativos e outras categorías
  • Estas subvencións tamén contribúen ao desenvolvemento duns 176 programas de interese social en toda Galicia

A Xunta de Galicia concedeu aos concellos subvencións por valor de 17,3 millóns de euros para financiar os seus servizos sociais municipais a través do Plan Concertado. Estas achegas axudan ás entidades locais a sufragar a contratación de persoal, os custos do Servizo de Axuda no Fogar Básico, programas de interese social no ámbito da inclusión e o mantemento de centros de emerxencia social.

A partida máis importante do Plan Concertado deste ano é a dirixida a axudar a financiar postos de traballo adscritos aos servizos sociais comunitarios, un total de 13,7 millóns de euros. Esta contía permite apoiar a contratación de 832 profesionais: traballadores sociais, educadores sociais, auxiliares administrativos e outras categorías.

O Executivo autonómico tamén axuda ás corporacións locais con 2,3 millóns de euros para que leven a cabo programas sociais e apoiar o funcionamento dos centros de emerxencia para persoas en situación ou risco de exclusión. Con este importe, fináncianse 176 programas en concellos das catro provincias.

Por último, o Plan Concertado inclúe unha partida económica de 865.000 euros para o financiamento do SAF Básico e outra de 377.000 euros para reforzar os equipos de atención á infancia e á familia dos servizos sociais municipais.

Temas:Administración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido