Ficha biblioteca

Nova A Xunta creará un foro de expertos para o intercambio de experiencias sobre boas prácticas ambientais no marco da rede de concellos Bandeira Verde de Galicia
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación11/12/2025 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Medio ambiente Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Outras administracións OrganizaciónsXunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Ángeles Vázquez indica que este encontro multidisciplinar terá lugar unha vez ao ano para a posta en común de ideas en materia de conservación da paisaxe e protección do medio ambiente
Detalles contido
A Xunta creará un foro de expertos para o intercambio de experiencias sobre boas prácticas ambientais no marco da rede de concellos Bandeira Verde de Galicia Ángeles Vázquez indica que este encontro multidisciplinar terá lugar unha vez ao ano para a posta en común de ideas en materia de conservación da paisaxe e protección do medio ambiente
11/12/2025|Xunta de Galicia
  • Pon en valor que cada ano son máis os concellos que obteñen este distintivo: 2 na primeira convocatoria en 2020 fronte aos 33 deste ano
  • Salienta as medidas que permitiron que o Concello de Carnota acadase este galardón este ano por primeira vez

 

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, ángeles Vázquez, avanzou hoxe que a Xunta porá en marcha un foro de expertos para o intercambio de experiencias sobre boas prácticas ambientais no marco da Rede de Concellos Bandeira Verde de Galicia.

Durante a súa intervención no izado da Bandeira Verde en Carnota, a conselleira puxo en valor que cada ano son máis os concellos que obteñen este distintivo –2 na primeira convocatoria en 2020 fronte aos 33 deste ano-, o que é exemplo da crecente aposta municipal polas boas prácticas ambientais e a preservación da paisaxe.

Nesa liña, e para seguir avanzando na cooperación e colaboración para o desenvolvemento de iniciativas neses eidos, a Xunta creará o vindeiro ano a Rede de Concellos Bandeira Verde de Galicia, da que poderán formar parte aqueles municipios que teñan, polo menos, tres destes distintivos desde o ano 2020.

No marco desa Rede, tal e como explicou hoxe a conselleira, crearase un foro multidisciplinar de expertos, que se reunirán unha vez ao ano, co obxectivo de que sexa un punto de encontro para a posta en común de ideas e experiencias sobre a conservación da paisaxe e a protección do medio ambiente.

No caso do Concello de Carnota, ángeles Vázquez salientou que é a primeira vez que esta municipio obtén este recoñecemento, que contribúe a darlle visibilidade como territorio responsable e comprometido co impulso de diferentes tipos de accións e boas prácticas para protexer o medio ambiente e a contorna paisaxística; afrontar o cambio climático e mellorar a eficiencia enerxética; xestionar de xeito responsable os residuos municipais, e sensibilizar á cidadanía nesta materia.

Ademais, obter unha Bandeira Verde supón un mérito adicional para a obtención de subvencións en materia de patrimonio natural e, tamén, para recibir axudas autonómicas para construír e mellorar puntos limpos fixos, instalacións móbiles deste tipo ou impulsar proxectos de preparación para a reutilización.

Durante o acto, no que estivo acompañada do director do Instituto de Estudos do Territorio, Enrique de Salvador, a conselleira expuxo algunhas das medidas que permitiron que o Concello acadase este galardón. Entre elas, destaca a acción pioneira desenvolvida para atraer e integrar nómades dixitais, que, ademais de fomentar a dinamización económica e a transferencia do coñecemento, tamén contribúe á revitalización do rural.

A maiores, ángeles Vázquez incidiu tamén na aposta deste municipio pola eficiencia enerxética coa renovación integral da iluminación das instalacións públicas incorporando a tecnoloxía LED. En canto ao tratamento dos residuos, o Concello demostrou o seu compromiso cunha xestión responsable e sostible con medidas como a ampliación dos horarios do punto limpo ou a instalación de pequenos puntos limpos nos núcleos rurais para facilitar a separación selectiva dos refugallos.

Ademais, o Concello de Carnota tamén deseñou varias accións de sensibilización e comunicación como andainas saudables nas que se promove a educación ambiental e o coñecemento do patrimonio natural, charlas organizadas en colaboración con asociacións, voluntariado e centros educativos, ou actividades como a limpeza de praias.

Temas:Administración local, Medio ambiente
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Outras administracións
Organizacións:Xunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido