Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar o contido ofrecido.
Programa de asistencia ás entidades locais para a xestión dos servizos municipais do ciclo urbano da auga para o exercicio 2026
1) Obxecto
1. Constitúe o obxecto deste programa a regulación das condicións para a prestación ás entidades locais da provincia de Ourense da asistencia técnica, xurídica e administrativa para a xestión dos servizos municipais do ciclo da auga durante o exercicio 2026.
2. Este programa adóptase no exercicio da competencia provincial para prestarlles asistencia e cooperación aos concellos e demais entidades locais en materia de servizos municipais prevista no artigo 36.1. b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, tendo en conta as competencias de xestión dos servizos públicos de abastecemento domiciliario de auga potable, evacuación e depuración de augas residuais da totalidade dos municipios da provincia.
2) Condicións das prestacións do servizo
A Deputación Provincial de Ourense prestaralle ás entidades locais da provincia de Ourense as seguintes asistencias técnicas:
1. Con carácter xeral a calquera entidade que o solicite:
A) Abastecemento.
B) Saneamento.
Anexo I
Concellos adheridos Programa de asistencia a entidades locais para a xestión de servizos municipais do ciclo da auga. (PCA)