Ficha biblioteca

Nova Medio Rural publica hoxe o convenio con Seaga para a xestión da biomasa nas faixas secundarias ao que xa poden adherirse os concellos interesados
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación29/12/2025 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Medio ambiente Tipo de contidoNovas, Convenios ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O convenio incorpora novidades como o aumento do orzamento, que se duplica ata os 25 M€ anuais incluíndo o Fondo de Limpeza de Faixas, ou o reforzo do apoio para municipios, especialmente nos de menos de 10.000 habitantes, e particulares
Detalles contido
Medio Rural publica hoxe o convenio con Seaga para a xestión da biomasa nas faixas secundarias ao que xa poden adherirse os concellos interesados O convenio incorpora novidades como o aumento do orzamento, que se duplica ata os 25 M€ anuais incluíndo o Fondo de Limpeza de Faixas, ou o reforzo do apoio para municipios, especialmente nos de menos de 10.000 habitantes, e particulares
29/12/2025|Xunta de Galicia
  • A axilidade na tramitación deste acordo permitirá comezar coas actuacións a principios de 2026
  • O convenio incorpora novidades como o aumento do orzamento, que se duplica ata os 25 M€ anuais incluíndo o Fondo de Limpeza de Faixas, ou o reforzo do apoio para municipios, especialmente nos de menos de 10.000 habitantes, e particulares
  • Con este acordo tamén se ofrece axuda ás localidades para revisar, modificar e elaborar o plan municipal de prevención; así como para levar a cabo como ata agora limpezas en 12 quilómetros de vías e 10 hectáreas concello/ano

 

A Consellería do Medio Rural publica no Diario Oficial de Galicia o convenio coa empresa pública Seaga para a xestión da biomasa nas faixas secundarias, ao cal xa se poden adherir os concellos interesados para recibir o apoio da Xunta na realización destas tarefas. Este novo acordo, asinado ata 2029, ten como obxectivo apoiar a localidades e propietarios a poder cumprir coas súas obrigas normativas.

Este acordo, que acaba de asinarse co fin de poder comezar coas tarefas no inicio de 2026, presenta importantes novidades, como o aumento do orzamento destinado a estas tarefas, que se duplica ata os 25 millóns de euros anuais, nos que se inclúe o fondo específico de Limpeza de Faixas, dotado con 10 millóns de euros por anualidade. Seguindo esta liña, reforzarase o apoio para municipios e particulares, especialmente naqueles concellos de menos de 10.000 habitantes, para facilitar que se cumpran as obrigas. De feito, nestes concellos a Consellería poderá asumir a competencia para ordenar a execución subsidiaria.

Por outra banda, axilizaranse as execucións subsidiarias nas zonas de risco de incendio nas que os propietarios dos predios non cumpran cos seus deberes, tal e como se recolle na Lei de medidas dos orzamentos de 2026. Outra das novidades é o aumento do número de parroquias priorizadas, aquelas nas que os titulares poden contratar os servizos de Seaga a un custe reducido, que pasan de 157 en 2025 a 276 en 2026.

Máis de 25 millóns de parcelas inspeccionadas

Ao abeiro deste convenio tamén se lle presta apoio ás localidades para revisar, modificar e elaborar o plan municipal de prevención; así como colaboración para levar a cabo as inspeccións e notificacións aos propietarios. A maiores, seguirase ofrecendo a posibilidade de que Seaga realice execucións subsidiarias en ata 10 hectáreas por concello e ano fóra das parroquias priorizadas, e a limpeza de 12 quilómetros de vías municipais.

Cómpre lembrar que Consellería do Medio Rural desenvolve este sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias dende o ano 2018. Ao longo dos anos adheríronse un total de 292 concellos de toda Galicia, 268 deles co plan de prevención aprobado. Dende o ano 2021 inspeccionáronse máis de 2,5 millóns de parcelas e realizáronse rozas de xeito subsidiario en máis de 6.500 predios. No eido das parroquias priorizadas, contratáronse os servizos de Seaga en máis de 27.200.

Resolución no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251229/AnuncioG0426-161225-0001_gl.html.

Temas:Administración local, Medio ambiente
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido