Ficha biblioteca

Nova A Xunta convoca as subvencións do Programa de infravivenda, dirixido a prestarlles apoio aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes para a rehabilitación de vivendas
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación16/01/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Compra, aluguer e rehabilitación de vivenda Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Publicada no DOG de onte a Resolución do 22 de decembro de 2025 pola que se procede á convocatoria do Programa de infravivenda para o ano 2026, tramitada como anticipado de gasto
Detalles contido
A Xunta convoca as subvencións do Programa de infravivenda, dirixido a prestarlles apoio aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes para a rehabilitación de vivendas Publicada no DOG de onte a Resolución do 22 de decembro de 2025 pola que se procede á convocatoria do Programa de infravivenda para o ano 2026, tramitada como anticipado de gasto
16/01/2026|Xunta de Galicia

Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto convocar para a anualidade 2026 as subvencións do Programa de infravivenda, dirixido a prestarlles apoio aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes para a rehabilitación de vivendas (código de procedemento VI406A).

2. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto nesta resolución, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Bases reguladoras

1. As subvencións deste programa rexeranse polas bases reguladoras contidas na Resolución do 30 de decembro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do Programa de infravivenda e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento VI406A), publicadas no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG), do 17 de xaneiro de 2025.

2. En todo o non recollido nas bases reguladoras e nesta resolución será de aplicación o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no seu regulamento aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Concellos beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia que cumpran cos seguintes requisitos:

a) Contar con menos de 10.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes, publicadas polo Instituto Galego de Estatística á data da publicación da correspondente convocatoria.

b) Ter cumprido co deber de remitir ao Consello de Contas de Galicia as contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao ano da convocatoria, no que o seu prazo de presentación estivera vencido.

2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles concellos que estean nalgún dos supostos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Crédito orzamentario

1. As subvencións previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 11.81.451A.760.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, por importe de 370.000,00 euros para a anualidade 2026.

2. De conformidade co establecido na Orde do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, o outorgamento destas subvencións queda supeditado á existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas da súa concesión.

3. A contía establecida nesta convocatoria poderá ser obxecto de ampliación por resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), que terá efecto logo da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido no artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Prazo de presentación de solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse unha vez transcorridos cinco días hábiles dende o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. No suposto de que o primeiro día do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o primeiro día hábil seguinte.

2. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 3 de xullo de 2026 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario previsto nesta convocatoria. O dito esgotamento será publicado no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS. Non obstante, o prazo de presentación de solicitudes poderá ser ampliado mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que deberá ser publicada no DOG.

3. As solicitudes poderán presentarse desde as 9.00 horas do primeiro día de inicio do prazo ata as 14.00 horas do 3 de xullo de 2026.

4. As solicitudes presentadas fora do prazo e do horario indicado serán inadmitidas.

Temas:Administración local, Compra, aluguer e rehabilitación de vivenda
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido