Seminario sobre goberno aberto na Administración local- fundamentos, experiencias e ferramentas
Datas de realización: do 9 de marzo ao 30 de abril de 2026.
Código: FL26307400001.
Lugar de celebración: Semipresencial, sede INAP, Rúa Atocha, 106, Madrid e aula virtual do INAP. Sesións presenciais: 17 de marzo 2026, de 9 a 18 horas e 17 de abril 2026 de 9 a 15.30 horas.
Sesións virtuais: 10 e 13 de marzo, 14, 21, 24 e 28 de abril 2026, de 9 a 11 horas; 24 de marzo 2026, de 9 a 14.30 horas; 10 de abril 2026, de 9 a 15.30 horas.
Horas lectivas: 55 horas. Data límite de solicitude: Dez días hábiles desde o día seguinte á súa publicación.
Número de prazas: 35. Puntuación: 0,5.
Destinatarios do curso: Persoal ao servizo de Administracións públicas, preferentemente da Administración local que desenvolvan, ou teñan que desenvolver, o seu traballo en calquera departamento ou área da xestión local, e especialmente ao persoal vinculado coa participación cidadá, a transparencia e a integridade, contratación, protección de datos e áreas de información e innovación pública local.
Obxectivo do curso: Presentar, comprender e avanzar a axenda de Goberno Aberto Local (fundamentos, experiencias e ferramentas) e máis especificamente, a axenda de apertura local coa que España conta, revisando algúns casos e experiencias innovadoras en transparencia, acceso á información, uso de datos abertos,participación cidadá e rendición de contas, así como o uso de ferramentas tecnolóxicas como a IA para a apertura gobernamental.
Programa do curso:
– Unidade 1. Os fundamentos.
– Unidade 2a. Experiencias en transparencia e acceso á información.
– Unidade 2b. Experiencias en participación cidadá.
– Unidade 3. Ferramentas para unha proposta de apertura local.