Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a autorización de vertedura ou a teñan solicitado antes da finalización do prazo de xustificación da subvención para un sistema de depuración autónomo nun núcleo rural illado de quince ou menos vivendas.
Obxecto
Establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á renovación e/ou á instalación de ata un máximo de dous sistemas de depuración autónomos en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e proceder á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento AU300B).
Bases reguladoras
Publícase conxuntamente este extracto coa Resolución do 29 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á renovación e/ou instalación de ata un máximo de dous sistemas de depuración autónomos en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento AU300B).
Importe
As subvencións reguladas ao abeiro desta resolución financiaranse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por importe de setecentos setenta e dous mil cincocentos tres euros (772.503,00 €), aplicación orzamentaria 06.82.542B.760.0.
O importe das subvencións será do 100 % do investimento da actuación proposta, incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE), ata esgotar o crédito da convocatoria e cos límites máximos por actuación que se indican a seguir:
a) Sete mil cincocentos euros (7.500 €) en núcleos rurais illados de menos de 4 vivendas unifamiliares.
b) Quinte mil euros (15.000 €) en núcleos rurais illados de entre 4 e 8 vivendas unifamiliares.
c) Vinte mil euros (20.000 €) en núcleos rurais illados de máis de 8 e ata un máximo de 15 vivendas unifamiliares.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 23 de febreiro de 2026 e rematará ás 14.00 horas do día 23 de marzo de 2026.