Ficha biblioteca

Noticia A Xunta ten aberto o prazo de solicitude de axudas para financiar actuacións en arquivos de concellos e entidades sen fin de lucro galegas
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación29/01/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosAsociaciones y ONGs, Entidades locales OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Descripción A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, informou desta convocatoria no marco dunha visita ao concello de As Somozas, beneficiario desta subvención na anterior convocatoria
Detalles contenido
A Xunta ten aberto o prazo de solicitude de axudas para financiar actuacións en arquivos de concellos e entidades sen fin de lucro galegas A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, informou desta convocatoria no marco dunha visita ao concello de As Somozas, beneficiario desta subvención na anterior convocatoria
29/01/2026|Xunta de Galicia
  • Trátase de axudas para o financiamento de actuacións en arquivos da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dotada este ano dun orzamento de 185.000 euros

 

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, desprazouse esta mañá ao municipio de As Somozas para visitar xunto ao alcalde da localidade, Juan Alonso Tembrás, as dependencias municipais que acollen o arquivo deste concello que resultou beneficiario dunha achega na última convocatoria das axudas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de series documentais segundo a metodoloxía arquivística nos arquivos de concellos e de entidades sen fin de lucro galegas.

As achegas poderán ascender ata 7.000 euros por proxecto ou 9.000 euros no caso de solicitudes conxuntas, cantidades que, en ningún  caso, poderá exceder do 80% do investimento total. A convocatoria está aberta ata o próximo 16 de febreiro e poderán optar aquelas entidades que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia.

Durante a visita, Aneiros lembrou a que través desta orde dotada de 185.000 euros de orzamento, o Goberno galego “tenta contribuír con estas axudas a que os arquivos realicen axeitadamente as súas funcións e os cidadáns teñan acceso á información contida nos documentos, garantindo unha custodia responsable”, explicou. A Xunta de Galicia continúa co seu compromiso de protección, conservación, acrecentamento e difusión do patrimonio documental e dos arquivos e, ao mesmo tempo, garantindo o acceso á cultura para todas as persoas eliminando barreiras físicas, cognitivas, comunicativas, sociais e territoriais, tal e como establece a Lei de cultura inclusiva de Galicia, un texto pioneiro en Europa, aprobado sen votos en contra e que entrou en vigor en 2024.

Temas:Administración local
Colectivos:Asociaciones y ONGs, Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido