Ficha biblioteca

Nova A Xunta convoca hoxe as axudas de 3,1 M€ para a mellora de infraestruturas en parques empresariais de Galicia
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación03/02/2026 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local, Economía, empresa e emprego Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Economía e Industria Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Estes apoios cobren ata o 80 por cento do investimento subvencionable cun máximo de 120.000 euros para as solicitudes individuais e de 138.000 para as conxuntas
Detalles contido
A Xunta convoca hoxe as axudas de 3,1 M€ para a mellora de infraestruturas en parques empresariais de Galicia Estes apoios cobren ata o 80 por cento do investimento subvencionable cun máximo de 120.000 euros para as solicitudes individuais e de 138.000 para as conxuntas
03/02/2026|DOG
  • Como novidade, este ano tamén se poderán destinar a integrar os polígonos na paisaxe

A Xunta de Galicia convoca as axudas para a habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais por un importe de 3,1 millóns de euros. Estas axudas cobren ata o 80 por cento do investimento subvencionable, cun máximo de 120.000 euros para as solicitudes individuais e de 138.000 para as conxuntas.

Como novidade,  este ano tamén se poderán destinar a mellorar as infraestruturas e espazos públicos do parque empresarial para contribuír á súa integración paisaxística.    

Xunto con isto, as axudas cobren a implantación e melloras na iluminación pública nas plantas de depuración de augas e nos colectores con vertedura á depuradora municipal; na xestión de residuos dentro do parque empresarial; nas infraestruturas viarias ou nos servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno.   

Beneficiarios

Os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. As solicitudes poderanse presentar individualmente ou de forma conxunta baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou calquera outra similar).

Obxecto

Mellora dos servizos e acondicionamento de infraestruturas existentes ou de nova incorporación, co fin de que as empresas radicadas nos parques empresariais de Galicia poidan dispoñer de condicións máis competitivas para desenvolver a súa actividade económica.

Bases reguladoras

ORDE do 2 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 

Contía

Importe total da convocatoria: 3.448.437,80 euros.

Intensidade das axudas: 80 % do importe total considerado como subvencionable, cun máximo de 120.000 € para as solicitudes individuais e de 138.000 € para as solicitudes conxuntas.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 2 de febreiro de 2026 no Diario Oficial de Galicia.

A Xunta está facendo un enorme esforzo para executar máis metros cadrados de solo industrial en Galicia alí onde neste momento hai máis demanda. E recoñeceu que isto hai que acompañalo de apoio económico para os concellos que contan xa con parques empresariais en funcionamento onde é necesario acometer obras de mellora.

Actualmente, o Goberno galego está tramitando máis de 8 millóns de metros cadrados de solo industrial, dos cales, 2 millóns son na provincia da Coruña con actuacións como as ampliacións do polígono de Bértoa, en Carballo, e da  Sionlla, en Santiago de Compostela ou a urbanización das derradeiras fases do parque empresarial de Morás, no concello de Arteixo.

 

 

 

 

Temas:Administración local, Economía, empresa e emprego
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Economía e Industria
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido