Ficha biblioteca

Nova A EGAP convoca 8 cursos da área de comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades, para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación04/02/2026 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Publicada hoxe no DOG a Resolución de convocatoria de actividades formativas para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia
Detalles contido
A EGAP convoca 8 cursos da área de comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades, para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia Publicada hoxe no DOG a Resolución de convocatoria de actividades formativas para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia
04/02/2026|DOG

RESOLUCIóN do 27 de xaneiro de 2026 pola que se convocan actividades formativas para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia.

Requisitos do persoal participante

  • Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os/as empregados/as públicos/as das entidades locais e da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e da Administración institucional do sector público autonómico de Galicia, que se encontren en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
  • Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas ao persoal empregado público pertencente a outras administracións, entidades, organismos e institucións públicas da Comunidade Autónoma, cando así se estableza na epígrafe «persoal destinatario» da actividade formativa.
  • Ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación, as persoas interesadas deberán dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un ordenador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para estas actividades se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web .

Solicitudes e prazos

  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 11 de febreiro, incluído.
  • As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
  • Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
  • As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
  • As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ou ao enderezo de correo electrónico , sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no número 1 desta base.
  • A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 63 35, 981 54 62 53 e 981 54 62 54 e do enderezo de correo electrónico , en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).

ANEXO

Código

Denominación

Persoal destinatario

Prazas

Horas

Modalidade

Data de inicio

Data de remate

Data e hora do exame final en liña

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

CV26003

A función consultiva do Consello Consultivo de Galicia

Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia, da Administración pública autonómica de Galicia, da Administración institucional galega, das entidades públicas instrumentais do artigo 45.a) da Lofaxga, así como persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e Uvigo).
Preferentemente: empregados públicos dos subgrupos A1 e A2 e equivalentes, así como habilitados nacionais.

50

33

Teleformación

15.4.2026

18.5.2026

21.5.2026 17.00

CV26004

A intervención do Consello Consultivo de Galicia na contratación pública

Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia, da Administración pública autonómica de Galicia, da Administración institucional galega e das entidades públicas instrumentais do artigo 45.a) da Lofaxga, e persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e Uvigo) dos subgrupos A1 e A2 e equivalentes, así como habilitados nacionais.

50

30

Teleformación

9.3.2026

13.4.2026

16.4.2026 17.00

CV26005

A responsabilidade patrimonial por razóns de carácter urbanístico. Os supostos indemnizatorios

Habilitados nacionais e empregados públicos da Administración local galega, dos subgrupos A1 e A2 e equivalentes.

50

24

Teleformación

18.5.2026

11.6.2026

16.6.2026 17.00

CV26006

A revisión en vía administrativa de títulos habilitantes de natureza urbanística

Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia, da Administración pública autonómica de Galicia, da Administración institucional galega e das entidades públicas instrumentais do artigo 45.a) da Lofaxga
Preferentemente: empregados públicos dos subgrupos A1 e A2 e equivalentes, así como habilitados nacionais.

50

24

Teleformación

9.4.2026

3.5.2026

7.5.2026 17.00

CV26007

Curso práctico sobre responsabilidade patrimonial das entidades locais

Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia, da Administración pública autonómica de Galicia, da Administración institucional galega, das entidades públicas instrumentais do artigo 45.a) da Lofaxga.
Preferentemente: empregados públicos dos subgrupos A1 e A2 e equivalentes, así como habilitados nacionais.

50

30

Teleformación

11.3.2026

15.4.2026

20.4.2026 17.00

CV26008

Elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral

Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia, da Administración pública autonómica galega e das entidades públicas instrumentais do artigo 45.a) da Lofaxga.
Preferentemente: empregados públicos dos subgrupos A1 e A2 e equivalentes, así como habilitados nacionais.

50

21

Teleformación

1.6.2026

22.6.2026

26.6.2026 17.00

CV26009

O procedemento de responsabilidade patrimonial: irregularidades, defectos e cuestións prácticas

Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia, da Administración pública autonómica galega e das entidades públicas instrumentais do artigo 45.a) da Lofaxga, e persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e Uvigo).
Preferentemente: empregados públicos dos subgrupos A1 e A2 e equivalentes, así como habilitados nacionais.

50

24

Teleformación

4.5.2026

28.5.2026

3.6.2026 16.30

CV26010

Os recursos administrativos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia, da Administración pública autonómica galega e das entidades públicas instrumentais do artigo 45.a) da Lofaxga, e persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e Uvigo).
Preferentemente: empregados públicos dos subgrupos A1 e A2 e equivalentes, así como habilitados nacionais.

50

21

Teleformación

21.4.2026

12.5.2026

18.5.2026 17.00

Temas:Administración pública, Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido