Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar o contido ofrecido.
1. Entidades beneficiarias
Os concellos da provincia de Pontevedra de ata un máximo de 50.000 habitantes ou ben as agrupacións de concellos, mancomunidades ou entidades locais menores da provincia.
2. Obxecto
Axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a crear, manter e reforzar os servizos de normalización lingüística dos concellos e outras entidades locais da provincia no período que abrangue do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2026.
3. Bases reguladoras
Bases de subvencións aprobadas por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra de 30 de xaneiro de 2026, Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra, Bases de execución do Orzamento para o exercicio 2026, Lei 38/2003, xeral de subvencións; Real decreto 887/2006, polo que se aproba el Regulamento de la Lei xeral de subvencións e demais lexislación de aplicación.
4. Contía
200.000 euros.
5. Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base Nacional de Subvencións (BNS).
6. Outros datos de interese