Ficha biblioteca

Nova A Xunta lanza unha nova edición de apoios ás entidades locais a prol da empregabilidade na prevención de incendios e con novidades como a figura coordinadora
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación06/02/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Emerxencias e seguridade Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O DOG publicou onte as bases reguladoras e a convocatoria de 2026 do programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, dotado con 20 M€ e que supón un novo enfoque nestas axudas que se poderán solicitar desde o 6 de febreiro ata o 5 de marzo de 2026
Detalles contido
A Xunta lanza unha nova edición de apoios ás entidades locais a prol da empregabilidade na prevención de incendios e con novidades como a figura coordinadora O DOG publicou onte as bases reguladoras e a convocatoria de 2026 do programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, dotado con 20 M€ e que supón un novo enfoque nestas axudas que se poderán solicitar desde o 6 de febreiro ata o 5 de marzo de 2026
06/02/2026|Xunta de Galicia
  • Como novidade, asignarase un contrato adicional para desenvolver os labores de coordinación aos concellos adheridos ao convenio de colaboración entre o Goberno galego e Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais
  • Co foco na protección do medio rural, por primeira vez garantirase o mesmo número de contratos que o ano anterior aos concellos afectados polos grandes lumes forestais e aos adheridos a dito convenio
  • Con esta acción o Executivo autonómico prevé apoiar unhas 300 entidades locais na contratación de máis de 1.000 persoas desempregadas durante nove meses a xornada completa para tarefas relacionadas maioritariamente coa prevención de incendios

Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras e a convocatoria de 2026 do programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, dotado con 20 M€ e que supón un novo enfoque nestas axudas incluíndo novidades como apoios para a contratación de persoas coordinadoras municipais de prevención de incendios, que, neste caso, poderán roldar os 26.300 € por persoa contratada. Deste xeito, búscase fortalecer a planificación e eficacia dos traballos de prevención de incendios forestais, pois a persoa coordinadora —que poderá ser enxeñeiro/a de montes, enxeñeiro técnico/a forestal e similares— encargarase de guiar, en base a esa planificación autonómica, o traballo das persoas que se contraten ao abeiro desta iniciativa e sempre que na súa totalidade realicen labores forestais.

Ao fío da incorporación desta figura, asignarase un contrato adicional para desenvolver estes labores de coordinación a todos os concellos adheridos ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e a e a empresa pública Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais, aos que ademais se lles garantirá o mesmo número de contratos que que o ano anterior. Tamén se lles asegurará o mesmo número de contratos que o ano pasado aos municipios afectados polos grandes incendios forestais do ano 2022 e do verán/outono 2025. Por exemplo, se un concello tivo tres contratos no 2025, terá os mesmos este ano.

A isto engádese que por primeira vez se asignarán máis persoas contratadas aos concellos con máis de 1.500 hectáreas de redes secundarias de franxas de xestión de biomasa. Neste sentido, poderán recibir subvención para ata seis contratacións para labores de prevención de lumes, contando coa adicional  para tarefas de coordinación.

Máis detalles da orde

O prazo de presentación de solicitudes destas achegas abrirá mañá 6 de febreiro e prolongarase ata o  5 de marzo de 2026. Con esta iniciativa prevese apoiar unhas 300 entidades locais na contratación de máis de 1.000 persoas desempregadas durante nove meses a xornada completa para realizar tarefas relacionadas maioritariamente coa prevención de incendios —planificación preventiva, valorización forestal,  silvicultura,  limpeza de montes ou  xestión da biomasa—. Neste sentido, as contías das axudas ás entidades locais por persoa contratada son para apoiar os custos salariais e de Seguridade Social e poderán oscilar entre os preto de 17.000 € e os 26.300 € por persoa contratada, segundo o seu perfil e grupo de cotización.

Ademais, con este programa o Goberno galego continúa potenciando a formación das persoas contratadas en aspectos como as tarefas de prevención de incendios, o risco de lumes e o manexo de ferramentas e maquinaria empregada nestes labores, entre outros. Tamén se continuará priorizando na selección —da que se encargan as oficinas de emprego—, entre outras, ás persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia, así como ás persoas desempregadas que participasen en obradoiros de emprego, programas integrados de emprego, programas mixtos de formación e emprego ou accións formativas AFD, relacionadas co eido forestal, conservación e mellora de montes, silvicultura, agricultura, gandaría e xardinaría.

As entidades interesadas poderán consultar todos os detalles e os requisitos para cursar a solicitude na orde que publica hoxe o DOG. Con este novo enfoque que brinda este programa a este tipo de apoios autonómicos a Xunta busca impulsar a mellora da empregabilidade das persoas participantes dotándoas de experiencia e práctica profesional. Ao mesmo tempo, como prioridade estratéxica apóiase a prevención de incendios forestais reforzando a defensa sostible do territorio.

Ligazón á orde no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260205/AnuncioG0767-260126-0001_gl.html 

Temas:Administración local, Emerxencias e seguridade
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido