Ficha biblioteca

Nova A Xunta pon en valor o impacto que terá o acordo do SAF nos concellos, que poderán mellorar os servizos sociais que ofrecen
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación09/02/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Ensino e formación Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Outras administracións OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A conselleira lembrou que se trata dun acordo histórico que suporá un incremento do 50% na achega do Goberno galego a este servizo de competencia municipal
Detalles contido
A Xunta pon en valor o impacto que terá o acordo do SAF nos concellos, que poderán mellorar os servizos sociais que ofrecen A conselleira lembrou que se trata dun acordo histórico que suporá un incremento do 50% na achega do Goberno galego a este servizo de competencia municipal
09/02/2026|Xunta de Galicia

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse esta mañá coa alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, para valorar o impacto que terá o acordo acadado entre a Xunta e a Fegamp para o incremento do prezo do servizo de axuda no fogar (SAF),  que permitirá que os concellos poidan mellorar a prestación deste servizo social.

Neste sentido, a conselleira explicou que “se trata dun acordo histórico que suporá un incremento do 50% da achega do Goberno galego” a este servizo que é de competencia municipal. En concreto, explicou que no caso do concello de Teo, o incremento ao longo destes tres anos será de case 650.000 euros, o que lle suporá, recalcou, un importante aforro nas arcas municipais, ao tempo que seguen mellorando a ratio de atención.

Deste xeito, Fabiola García sinalou que “coas cifras na man vemos o beneficioso que será este acordo para os concellos galegos” e que demostra o compromiso da Xunta de Galicia coas Administracións locais e, sobre todo, con todos os dependentes galegos. Por iso, insistiu en que “é unha mágoa, que mentres a Xunta avanza en dereitos sociais, o Goberno central siga sen cumprir a Lei” e sen aportar o 50% do financiamento; polo que, lembrou, a débeda con Galicia ascende a 2.900 millóns de euros.

Por outra parte, a conselleira tamén denunciou que o Goberno central paralizou o Plan de Choque da dependencia e da discapacidade da Xunta por un afán puramente recadatorio. Así, explicou que coas máis de 12.500 homologacións automáticas da discapacidade realizadas pola Xunta o pasado ano, o Executivo central deixou de recibir 114 M€, causando un importante dano a todos os galegos.

Temas:Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Outras administracións
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido