Persoas beneficiarias
Poderán ter a condición de persoas beneficiarias destas axudas os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago, recoñecidos pola Lei 5/2016, do 4 de maio, de patrimonio cultural e delimitados polo correspondente decreto, así como aqueles en que se ditou acordo de inicio para súa tramitación.
Finalidade
O establecemento das bases reguladoras das subvencións destinadas a financiar programacións culturais realizadas por entidades locais polas que discorren os diferentes Camiños de Santiago para contribuír á promoción das artes escénicas e musicais, e aprobar a súa convocatoria para o ano 2026.
Bases reguladoras
Resolución do 9 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa Cultura no Camiño, para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago, se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT 302B).
Importe
O crédito global destinado ao financiamento destas axudas é de 250.000 euros da aplicación orzamentaria 13.A1.432B.760.0 do código de proxecto 2015-00003 dos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais para o 2026.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes e iniciarase aos 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
O prazo de inicio comezará ás 9.00 horas. No caso de que o día de inicio do prazo sexa inhábil, comezará o día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
A hora fin de prazo de vencemento será ás 14.00 horas.