Ficha biblioteca

Nova A EGAP convoca un total de 48 edicións e 1200 prazas en teleformación de cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación11/02/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEmpregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A EGAP convoca un total de 48 edicións e 1200 prazas en teleformación de cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega, dirixidas ao persoal empregado público destinado nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao persoal da Administración de xustiza de Galicia e ao PXAS das universidades galegas.
Detalles contido
A EGAP convoca un total de 48 edicións e 1200 prazas en teleformación de cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega A EGAP convoca un total de 48 edicións e 1200 prazas en teleformación de cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega, dirixidas ao persoal empregado público destinado nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao persoal da Administración de xustiza de Galicia e ao PXAS das universidades galegas.
11/02/2026|Xunta de Galicia

Persoas destinatarias: o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza; das entidades locais de Galicia; persoal técnico, de xestión e de administración (PXAS) das universidades do SUG.

Requisitos de acceso: é necesario ter validado ou superado, na data de publicación desta resolución, algún dos cursos que se indican a seguir
 

  • Para optar ao curso superior: O curso medio de linguaxe xurídica galega, ou o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no artigo 5.2 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121, do 24 de xuño).
  • Para optar ao curso medio: O Celga 4, ou os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, ou o curso básico de linguaxe administrativa galega, ou o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria, segundo se establece no artigo 3.4 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121, do 24 de xuño).

    
Solicitudes: desde as 9 horas do 11 de febreiro ata as 14 horas do 18 de febreiro na área de matrícula da EGAP. Cada persoa só poderá solicitar unha edición dos cursos convocados.

Resolución DOG

Temas:Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido