Ficha biblioteca

Evento Curso práctico de técnicas operativas de poda en alturas (AF-52-2024)
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación12/02/2026 FonteBop de Ourense
Taxonomía
TemasEnsino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición Este curso vai dirixido ao Persoal da Administración local dos servizos de parques e xardíns e operarios/as de servizos varios que no seu posto de traballo teñan encomendado o coidado de parques e xardíns municipais
Detalles contido
LugarOurense O pereiro de Aguiar OrganizadorDeputación de Ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
20/02/2026 8:15 14:30
27/02/2026 8:15 14:30
06/03/2026 8:15 14:30
13/03/2026 8:15 14:30
Evento

Curso práctico de técnicas operativas de poda en alturas

1. Persoas destinatarias

  • * Persoal da Administración local dos servizos de parques e xardíns e operarios/as de servizos varios que no seu posto de traballo teñan encomendado o coidado de parques e xardíns municipais.
  • * Traballadores/as das entidades locais da provincia que desenvolvan a súa actividade profesional nas brigadas de zonas verdes ou explotacións agropecuarias como capataces ou peóns.
  • * Traballadores/as das entidades locais que, pola súa actividade profesional, realicen traballos que requiran o uso de maquinaria forestal e que necesiten adquirir os coñecementos necesarios relativos a normas xerais de seguridade, manexo e mantemento.

2. Desenvolvemento

  • 2.1. Modalidade da acción formativa: presencial.
  • 2.2. Duración do curso: 25 horas lectivas.
  • 2.3. Datas de realización: do 20 de febreiro ao 13 de marzo de 2026.
  • 2.4. Días das clases: 20-27 de febreiro e 6-13 de marzo de 2026.
  • 2.5. Horario das clases: de 8:15 a 14:30 horas, os venres.
  • 2.6. Lugar de realización: aulas de formación do Centro Cultural Marcos Valcárcel (O Progreso, 30, 2º, Ourense) e área Recreativa do Encoro de Cachamuíña no Concello do Pereiro de Aguiar.
  • 2.7. Prazas: 15 participantes.
  • 2.8. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos.

  • * Proporcionarlle ao persoal das entidades locais os coñecementos prácticos necesarios para poder avaliar, planificar e executar unha situación de poda en alturas.
  • * Instruír os/as participantes nas diferentes técnicas e tipos de poda, aplicando as normas de seguridade marcadas pola lexislación vixente.
  • * Ensinarlles aos/ás traballadores/as as diferentes ferramentas empregadas para os traballos de poda de árbores en altura; así como as súas pezas e funcionamento, para que sexan capaces de realizaren de xeito óptimo os labores de mantemento e revisión que necesitan cada un dos equipos de poda.

4. Programa

4.1. Traballos de poda en arboredo.

4.1.1. Conceptos básicos de poda.

4.1.2. Obxectivos da poda.

4.1.3. Tipos de poda.

4.1.4. épocas de poda.

4.2. Ferramentas de poda.

4.2.1. Manexo seguro das ferramentas de traballo.

4.2.2. Equipos de trepa.

4.2.3. Cordas e nós.

4.3. Seguridade na poda en alturas.

4.3.1. Medidas de seguridade nos traballos en alturas.

4.3.2. Equipos de protección.

4.3.3. Procedementos adecuados de traballo.

4.4. Seguridade nos ascensos e traballo en árbores.

4.4.1. Tipos e técnicas de ascenso.

4.4.2. Tipos e técnicas de descenso.

4.4.3. Elección de ancoraxes.

4.4.4. Desprazamentos na árbore.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o luns 16 de febreiro.

Temas:Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido