Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria, as AVPC, legalmente constituídas, sen fins de lucro que, na data da publicación da presente convocatoria, cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.
Obxecto:
O obxecto destas bases é a regulación da tramitación e concesión, por parte da Deputación Provincial de Ourense, de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de concellos da provincia de Ourense de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, coa finalidade de colaborar economicamente nos gastos de natureza corrente para posibilitar o seu funcionamento dentro dos respectivos concellos, no exercicio 2026.
Bases reguladoras:
Acordo da Xunta de Goberno de 2 de febreiro de 2026 polo que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de concellos da provincia de Ourense de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos.
Importe:
O financiamento das subvencións reguladas nesta convocatoria realizarase con cargo á aplicación 92412/48099 dos orzamentos da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2026.
A contía máxima dispoñible para a concesión destas subvencións é de 75.000,00 euros.
Ningún beneficiario poderá obter, ao abeiro desta convocatoria, subvención por importe superior a 1.500,00 € para as actuacións subvencionadas.
Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de solicitude iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto da convocatoria no BOP de Ourense, e finalizará o 20 de marzo de 2026 .