Ficha biblioteca

Evento Curso de sistemas de teletraballo nas administracións públicas: rexistro da xornada laboral e adaptación do tempo de traballo por motivos de conciliación
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación13/02/2026 FonteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración dixital, Administración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición Este curso vai dirixido a analizar os aspectos clave a ter en conta na implantación e planificación do teletraballo na actividade laboral dos/as traballadores/as das entidades locais da provincia de Ourense
Detalles contido
LugarEn liña Aula Virtual OrganizadorDeputación de Ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
23/02/2026 17:00 20:00
02/03/2026 17:00 20:00
09/03/2026 17:00 20:00
17/03/2026 17:00 20:00
22/03/2026 17:00 20:00
Evento

Curso de sistemas de teletraballo nas administracións públicas: rexistro da xornada laboral e adaptación do tempo de traballo por motivos de conciliación

1. Persoas destinatarias

  • * Traballadores/as da Administración local que realicen a prestación dos seus servizos na modalidade de teletraballo.
  • * Persoal das corporacións locais da provincia con coñecementos informáticos básicos e usuario de redes informáticas, en especial da rede internet.

2. Desenvolvemento

  • 2.1. Modalidade da acción formativa: mixta (en liña e aula virtual).
  • 2.2. Duración do curso: 30 horas.
  • 2.3. Datas de realización: do 23 de febreiro ao 22 de marzo de 2026.
  • 2.4. Datas das sesións telepresenciais: 23 de febreiro e 2-9-17 de marzo de 2026.
  • 2.5. Horario das sesións telepresenciais: de 17:00 a 20:00 horas, os luns e martes.
  • 2.6. Prazas: 35 participantes.
  • 2.7. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos

* Analizar os aspectos clave a ter en conta na implantación e planificación do teletraballo na actividade laboral dos/as traballadores/as das entidades locais da provincia de Ourense.

* Identificar cales son as principais ferramentas para construír equipos de teletraballo de xeito remoto e aprender a xestionar con eficacia as reunións virtuais.

* Achegarlles aos traballadores das corporacións locais os coñecementos, habilidades e destrezas básicas e necesarias para o desenvolvemento do traballo en equipo en contornos de teletraballo na súa unidade administrativa e mesmo na propia entidade local no seu conxunto.

* Aprender a implementar un sistema adecuado de rexistro de xornada laboral, incluíndo ferramentas dixitais e protección de datos, respectando o cumprimento da normativa vixente en materia de rexistro de xornada e de desconexión dixital.

4. Programa

4.1. Aspectos prácticos do teletraballo: habilidades e competencias.

4.1.1. Concepto e particularidades do teletraballo ou traballo a distancia.

4.1.2. Empeza a miña xornada: cuestións previas.

4.1.3. Como traballar en remoto de forma fácil.

4.1.4. Crear un entorno de traballo produtivo.

4.1.5. Xerar rutinas de produtividade.

4.2. Ferramentas para fomentar a conciliación e o teletraballo.

4.2.1. Aplicacións para videoconferencias.

4.2.2. Aplicacións para gardar e compartir arquivos.

4.2.3. Ferramentas de organización do traballo e xestión de proxectos.

4.2.4. A VPN.

4.3. Xestión de equipos de traballo virtuais.

4.3.1. Que é un “equipo de traballo virtual”? Vantaxes e inconvenientes.

4.3.2. Tipos de equipos virtuais. Que facer para que sexan un éxito.

4.3.3. A comunicación nos equipos virtuais. A asertividade a distancia.

4.3.4. Organización e desenvolvemento de reunións intelixentes. Ferramentas en liña.

4.3.5. O liderado de equipos virtuais: oito principios para dominar o liderado virtual dos equipos.

4.4. Rexistro de xornada laboral e adaptación do tempo de traballo por motivos de conciliación.

4.4.1. A xornada de traballo.

4.4.2. Flexibilidade horaria para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o xoves 19 de febreiro de 2026.

Temas:Administración dixital, Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido