Ficha biblioteca

Nova Galicia presenta un total de 119 praias como candidatas a optar á Bandeira Azul en 2026
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación23/02/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Medio ambiente Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición É a terceira comunidade autónoma que máis areais propuxo na edición deste ano, con 45 na provincia da Coruña, 17 na de Lugo, 56 en Pontevedra e un en Ourense
Detalles contido
Galicia presenta un total de 119 praias como candidatas a optar á Bandeira Azul en 2026 É a terceira comunidade autónoma que máis areais propuxo na edición deste ano, con 45 na provincia da Coruña, 17 na de Lugo, 56 en Pontevedra e un en Ourense
23/02/2026|Xunta de Galicia

Galicia propón este ano un total de 119 praias —45 pertencentes á provincia da Coruña, 17 á de Lugo, 56 á de Pontevedra, e unha á de Ourense— como candidatas a optar ao galardón Bandeira Azul 2026.

Esta mañá celebrouse a reunión do xurado nacional encargado de conceder uns distintivos cos que a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) recoñece anualmente a areais de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos, entre outros. Na reunión participaron por videoconferencia a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.

Con 119 praias propostas, Galicia é a terceira comunidade que formalizou máis candidaturas este ano, só por detrás da Comunidade Valenciana e Andalucía, que presentaron 160 e 155 praias, respectivamente. En canto ás provincias, Pontevedra é a segunda con máis candidaturas propostas só por detrás de Alacante. Ademais, este é o primeiro ano no que se presenta a candidatura dunha praia fluvial na provincia de Ourense.

Neste sentido e aínda que haberá que agardar ata mediados do mes de maio para coñecer a listaxe definitiva de areais galardoados, Marisol Díaz amosou a súa confianza en que Galicia volva estar en 2026 nos primeiros postos da clasificación nacional das bandeiras azuis. Estes distintivos son un reclamo innegable para atraer visitantes, xa que permiten facer das costas un destino atractivo ao tempo que dinamizan a economía e o emprego en todos os sectores vencellados ao ocio e o turismo.

Para acadar este recoñecemento nas praias deberá acreditarse unha calidade das augas excelente, unhas boas condicións de seguridade, servizos e accesibilidade, así como unha atinada xestión medioambiental.

Cómpre lembrar que Galicia ocupa desde hai anos un dos primeiros postos da clasificación a nivel nacional en canto a número de distintivos azuis recibidos, con 191 na edición de 2025. En concreto foron 108 distintivos en praias, 12 en portos deportivos e 17 en centros azuis, así como 54 sendeiros azuis.

Temas:Administración local, Medio ambiente
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido