Ficha biblioteca

Nova A Xunta destaca que as entidades locais ourensás recibiron no 2025 achegas de máis de 430.000€ para a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación23/02/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Emprego, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosMulleres OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O delegado territorial explicou que no caso desta entidade recibiu unha achega da Consellería de Política Social e Igualdade de preto de 45.000 euros, que lle permitiu a contratación de dúas mulleres durante un período de 12 meses para a prestación de servizos de interese xeral ou social no ámbito local
Detalles contido
A Xunta destaca que as entidades locais ourensás recibiron no 2025 achegas de máis de 430.000€ para a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero O delegado territorial explicou que no caso desta entidade recibiu unha achega da Consellería de Política Social e Igualdade de preto de 45.000 euros, que lle permitiu a contratación de dúas mulleres durante un período de 12 meses para a prestación de servizos de interese xeral ou social no ámbito local
23/02/2026|Xunta de Galicia
  • Manuel Pardo destacou que a Xunta vén de lanzar unha nova orde destas achegas dirixida aos concellos galegos, mancomunidades e consorcios locais de Galicia, co obxectivo de facilitar a inserción laboral das mulleres que sofren violencia de xénero como parte do seu proceso de recuperación e integración social
  • Esta orde conta cun orzamento de 2,5 M€, e o prazo para a presentación de solicitudes rematará o próximo 27 de febreiro
 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse á sede da Mancomunidade Terra de Celanova, unha das entidades locais ourensás beneficiaria o pasado ano da orde destinada a financiar a contratación de mulleres que sofren violencia de xénero, na que a Consellería de Política Social e Igualdade, destinou máis de 430.000 euros, en 10 municipios e 2 mancomunidades da provincia. No caso concreo desta mancomunidade, recibiu unha achega de preto de 45.000 euros, que lle permitiu a contratación de dúas mulleres durante un período de 12 meses para a prestación de servizos de interese xeral ou social no ámbito local.

O delegado territorial aproveitou para informar ao seu presidente, Jaime Sousa, que a  Xunta vén de lanzar unha nova convocatoria destas achegas dirixida aos concellos galegos, mancomunidades e consorcios locais de Galicia, co obxectivo de facilitar a inserción laboral das mulleres que sofren violencia de xénero como parte do seu proceso de recuperación e integración social. Esta orde, que conta cun orzamento de 2,5 M€ ,está financiada a través dos fondos finalistas dos Estado, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero; e o prazo para a presentación de solicitudes rematará o próximo 27 de febreiro.

Tamén explicou que a contía por cada muller contratada a tempo completo é a equivalente a sufragar durante o período de contratación, ata un máximo de 12 mensualidades, as retribucións salariais brutas totais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social por conta da entidade empregadora, neste caso os Concellos, na mesma cantidade que a fixada para o salario.

O representante do Goberno galego destacou que a finalidade desta medida do Goberno galego é contribuír a que as mulleres acaden unha maior autonomía a través da promoción da súa independencia económica e do seu apoderamento, reforzando ao mesmo tempo as posibilidades dunha posterior inserción laboral estable, co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración na vida económica e social.

Entidades locais ourensáns beneficiaria da orde do 2025

O delegado territorial detallou que na última convocatoria destas axudas foron beneficiarios os concellos de Celanova, Ribadavia, Bande, A Veiga, Carballeda de Avia, O Barco de Valdeorras, O Pereiro de Aguiar, Verea, Boborás, Barbadás, e as mancomunidades Terra de Celanova e Conso- Frieiras.

 

Temas:Administración pública, Administración local, Emprego, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Mulleres
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido