Ficha biblioteca

Nova A nova Rede de concellos contra o acoso escolar coordinará recursos e accións entre administracións para ofrecer unha resposta más rápida e efectiva
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación24/02/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A Xunta porá en marcha esta rede en colaboración coa Fegamp, a Fiscalía e os corpos e forzas de seguridade do Estado
Detalles contido
A nova Rede de concellos contra o acoso escolar coordinará recursos e accións entre administracións para ofrecer unha resposta más rápida e efectiva A Xunta porá en marcha esta rede en colaboración coa Fegamp, a Fiscalía e os corpos e forzas de seguridade do Estado
23/02/2026|Xunta de Galicia
  • Rueda salienta a máxima do Goberno autonómico de “tolerancia cero” ante calquera tipo de conduta contraria á convivencia no eido escolar
  • Destaca que o obxectivo da Rede é incrementar a cooperación en tarefas de sensibilización, prevención, formación e denuncia, cun apoio conxunto e compartindo boas prácticas
  • A través desta rede establecerase un seguimento sistemático e continuado de posibles casos coa implicación activa tamén dos servizos municipais
 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o Consello deu o visto e prace a asinar nos vindeiros días un convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para crear a Rede de concellos contra o acoso escolar que permitirá “reforzar a cooperación das administracións” á hora de sensibilizar, previr, formar e resolver posibles casos de acoso escolar.

Rueda salientou que o Goberno autonómico traballa coa máxima de “tolerancia cero” ante calquera tipo de conduta contraria á convivencia no eido escolar. Nesta liña, lembrou que o Goberno galego leva anos traballando en prol da convivencia nos centros escolares, cun amplo abano de iniciativas que se foron intensificando nos últimos cursos e que se reflicten en actuacións específicas como o Plan integral contra o acoso e o ciberacoso escolar, a actualización do protocolo que se debe seguir nestes casos, “a prohibición do uso dos móbiles nos recintos escolares, a instalación de puntos laranxa, a ferramenta Termómetro Acoso Escolar” ou o Plan de benestar dixital, entre outros.

A posta en marcha da Rede suporá un paso máis no obxectivo prioritario da Xunta de Galicia de abordar a prevención do acoso escolar desde unha perspectiva integral e colaborativa de todos os axentes implicados e que abranguen administracións públicas, institucións, centros educativos, docentes, familias e os propios alumnos.

Estrutura e funcións

A rede centrará a súa actuación en catro eixos principais: a sensibilización, a prevención, a formación e a denuncia. A través dela poderán artellarse recursos entre a Administración autonómica e as entidades locais, compartir boas prácticas e ofrecer un apoio coordinado tanto aos centros como ás familias e ao alumnado, garantindo unha intervención máis rápida e efectiva ante posibles casos de acoso escolar.

Estará estruturada en dous órganos, que serán o pleno e as comisións provinciais e, través dela, establecerase un seguimento sistemático e continuado dos posibles casos, incorporando unha perspectiva territorial que garanta a implicación activa de todos os actores responsables a nivel local mediante os servizos que prestan os concellos.

Entre as súas funcións estarán desempeñar labores de observación, análise, asesoramento, seguimento e difusión de información sobre o acoso escolar, apoio aos concellos adheridos na elaboración de programas e accións para a prevención e intervención, desenvolvemento de plans de formación para o persoal dos concellos adheridos, difusión de iniciativas e actuacións de éxito, ser punto de referencia e consulta para os concellos que precisen orientación na xestión destes casos e fortalecemento da capacidade dos concellos para intervir de maneira máis precisa e coordinada.

Prevención, detección e abordaxe

Ademais do convenio de colaboración coa Fegamp, establecerase un marco de acordo coa Fiscalía Superior de Galicia e cos corpos e forzas de seguridade do Estado, que tamén cooperarán nesta nova rede. 

Así pois, esta rede vai ter unha importancia estratéxica na medida en que facilitará o traballo conxunto cos distintos concellos de Galicia para abordar de forma integral, coordinada e eficaz as situacións de acoso que se poidan producir.

Neste senso, o obxectivo final é fortalecer a colaboración entre as institucións e entidades para previr, detectar e abordar os casos de acoso e ciberacoso no ámbito escolar. Ademais, actuarase de forma preventiva para garantir o benestar e o desenvolvemento integral do alumando galego nun clima de convivencia positiva.

Temas:Administración pública, Administración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido