Ficha biblioteca

Nova A Xunta incorpora a rede iCousas ao catálogo de servizos dixitais para os concellos e reforza a cooperación tecnolóxica coas entidades locais
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación23/02/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración dixital, Administración local Tipo de contidoNovas, Ferramentas TIC ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL), Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Esta infraestrutura de sensorización facilita a monitorización do territorio, de variables ambientais, a optimización de servizos públicos, a mellora da toma de decisións e o impulso da dixitalización do medio rural
Detalles contido
A Xunta incorpora a rede iCousas ao catálogo de servizos dixitais para os concellos e reforza a cooperación tecnolóxica coas entidades locais Esta infraestrutura de sensorización facilita a monitorización do territorio, de variables ambientais, a optimización de servizos públicos, a mellora da toma de decisións e o impulso da dixitalización do medio rural
23/02/2026|Xunta de Galicia
  • A Xunta facilita ás entidades locais máis de 25 servizos de administración dixital e ferramentas especializadas de ciberseguridade
  • A Administración autonómica destinou en 2025 4,5 millóns de euros ao desenvolvemento, mantemento e reforzo destes servizos compartidos cos concellos

A Xunta de Galicia incorpora a rede iCousas ao catálogo de servizos dixitais que pon á disposición dos concellos, no marco do convenio de colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). O acordo busca garantir que todos os municipios, independentemente do seu tamaño, dispoñan de ferramentas tecnolóxicas avanzadas sen que isto supoña un custo adicional para as súas arcas municipais.

A integración desta infraestrutura no catálogo de servizos dixitais abordouse hoxe durante a constitución da comisión de seguimento do convenio, na que participaron o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey, e a directora xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Natalia Prieto, xunto con representantes da Fegamp.

Rede iCousas: sensorización intelixente do territorio

A rede iCousas, con máis de 300 puntos de acceso distribuídos por toda Galicia, permite a conexión de dispositivos e sensores IoT e a xestión en tempo real dos datos captados a través dunha plataforma específica.

Esta tecnoloxía facilita a monitorización do territorio, de variables ambientais, a optimización de servizos públicos, a mellora da toma de decisións e o impulso da dixitalización do medio rural, contribuíndo á cohesión territorial e á fixación de poboación.

Máis servizos dixitais para os concellos

Coa incorporación da rede iCousas, amplíase un catálogo que xa inclúe máis de 25 servizos de administración dixital empregados de forma xeneralizada polas entidades locais galegas.

Os 313 concellos de Galicia teñen acceso á Rede Corporativa da Xunta, así como á Historia Social única Electrónica e ao Sistema de información para a xestión de axudas á dependencia (SIGAD). Ademais, 306 concellos utilizan o Sistema de Información de Usuarios de Servizos Sociais de Galicia.

No ámbito da contratación pública, 259 entidades locais empregan a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, e 124 utilizan o sistema de licitación electrónica SiLEX para a tramitación dixital dos seus expedientes.

En materia de interoperabilidade, arredor de 200 entidades están integradas na plataforma PasaXe!, que permite o intercambio seguro de datos entre administracións, e máis de 200 entidades, incluíndo medio cento de oficinas de rexistro, empregan os servizos de identidade dixital proporcionados pola Xunta. Ademais, 76 administracións locais realizan as súas notificacións electrónicas á cidadanía a través do sistema autonómico Notifica.gal.

Tamén é significativo o uso doutros rexistros e plataformas sectoriais: 310 concellos dispoñen do Rexistro de licenzas e autorizacións interurbanas de taxi; 215 concellos e 273 centros de lectura empregan o Catálogo colectivo da Rede Pública de Bibliotecas de Galicia; 136 concellos utilizan o Rexistro de informe de avaliación de edificios; 110 entidades locais están integradas no Rexistro das policías locais de Galicia; e 84 dispoñen do sistema de xestión de centros de información á muller.

A través da Amtega, a Xunta tamén pon á disposición das entidades locais un catálogo de servizos especializados en seguridade da información, ciberseguridade e protección de datos persoais, así como solucións de computación na nube, co obxectivo de reforzar a resiliencia dixital das administracións locais fronte ao incremento das ameazas tecnolóxicas.

A maiores, 90 concellos manteñen aulas CeMIT para a capacitación dixital da cidadanía, no marco da cooperación coa Xunta.

Investimento

Todos estes servizos forman parte dun modelo de gobernanza dixital compartida que en 2025 supuxo un investimento de 4,5 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia.

Deste importe, o 35,16 % destínase a servizos de ciberseguridade; o 39,48 % ao desenvolvemento e mantemento de sistemas e servizos tecnolóxicos; e o 25,37 % á rede de aulas CeMIT.

 

 

Temas:Administración dixital, Administración local
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL), Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido