Curso de formación para policías locais, bombeiros/as e protección civil: patrón de navegación básica – PNB
1. Persoas destinatarias
- * Persoal ao servizo da Administración local pertencente aos corpos de bombeiros, policía local e agrupacións de protección civil dos concellos da provincia de Ourense.
- * Traballadores/as das entidades locais que polo seu posto de traballo poidan ter relación coa materia obxecto do curso, ou empregados/as públicos/as interesados/as en xeral.
2. Desenvolvemento
- 2.1. Modalidade da acción formativa: Presencial.
- 2.2. Duración: 63 horas.
- 2.3. Datas de realización: do 10 de marzo ao 7 de maio de 2026.
- 2.4. Días das sesións teóricas: 10-17-24-31 de marzo, 7-14-21-28-30 de abril e 5-7 de maio de 2026. Os martes, de 17:30 a 20:00 horas.
- 2.5. Días das sesións prácticas:
- Día da sesión práctica de radio: 23 de abril de 2026, xoves, de 17:00 a 21:00 horas.
- Días das sesións prácticas de navegación: 18 e 25 de abril de 2026, sábado, de 9:00 a 13:00 e de 14:00 a 18:00 horas.
- 2.6. Lugares de realización:
- Clases teóricas e práctica de radio nas aulas do Centro Cultural Marcos Valcárcel (rúa do Progreso, 30, Ourense).
- Clases prácticas nas instalacións do Porto Deportivo de Baiona. Baiona - Pontevedra.
- 2.7. Prazas: 15 participantes.
- 2.9. Número de edicións: unha.
3. Obxectivos.
- * Formar persoal cualificado no manexo de embarcacións dedicadas a misións propias da súa especialidade en contornos fluviais, tales coma a procura, o salvamento, o rescate de persoas e outras accións semellantes.
- * Proporcionarlle aos/ás participantes os coñecementos específicos necesarios sobre conceptos e técnicas de seguridade na navegación e regulamentos específicos.
- * Prover os/as participantes da titulación náutica esixida pola lexislación vixente para a realización das actividades mencionadas.
4. Programa
4.1. Nomenclatura náutica.
4.1.1. Descrición das principais partes dunha embarcación, estrutura, accesorios e órganos de goberno e propulsión dunha embarcación coa súa terminoloxía específica.
4.2. Seguridade náutica.
4.2.1. Accións de prevención e actuación ante unha incidencia no mar ou no navío, tanto na seguridade do barco como da tripulación.
4.2.2. Descrición do equipo obrigatorio de seguridade a bordo.
4.2.3. Ecoloxía fluvial e mariña e navegación a vela.
4.3. Navegación náutica e fluvial.
4.3.1. Recomendacións útiles para a navegación costeira e fluvial.
4.3.2. Navegación en zonas perigosas próximas á costa.
4.4. Propulsión mecánica.
4.4.1. Motores mariños empregados en embarcacións de recreo.
4.4.2. Sistema eléctrico e anatomía do motor.
4.5. Regulamento e sinais.
4.5.1. As 36 regras do regulamento internacional para previr abordaxes.
4.6. Balizamento.
4.6.1. Estudo do conxunto de sinais de axuda á navegación.
4.6.2. Sistema mundial de balizamento.
4.7. Lexislación.
4.7.1. Resumo da normativa legal sobre atribucións do título de PNB.
4.7.2. Petición de remolque e responsabilidades implícitas.
4.7.3. Seguro obrigatorio das embarcacións de recreo.
4.7.4. Organización, estrutura, medios e actuación de salvamento marítimo.
4.8. Radiocomunicacións.
4.8.1. Estudo da terminoloxía e procedementos operativos das radiocomunicacións marítimas, adaptados segundo a normativa oficial ao actual Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítima (SMSSM).
4.9. Prácticas de navegación: 12 horas de prácticas divididas en tres prácticas de 4 horas para realizar nun barco homologado.
4.10. Prácticas de radio: 1 sesión de 2 horas con simulador homologado.
5. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o xoves 5 de marzo de 2026.
Temas:Administración pública, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense