Curso básico sobre a regulación da intelixencia artificial na Administración pública
1. Persoas destinatarias.
* Persoal técnico e administrativo ao servizo das entidades locais da provincia de Ourense que teñan encomendadas tarefas vencelladas coa administración electrónica.
* Profesionais das entidades locais de Ourense que, polo seu posto de traballo, estean relacionados coa materia obxecto do curso.
2. Desenvolvemento
- 2.1. Modalidade da acción formativa: híbrida (presencial e telepresencial).
- 2.2. Duración do curso: 30 horas por edición.
- 2.3. Datas de realización: do 11 de marzo ao 28 de abril de 2026.
- 2.4. Datas das sesións presenciais: 11 de marzo e 20-27 de abril de 2026.
- 2.5.- Datas das sesións telepresenciais: 17-24-31 de marzo e 7-14-21-28 de abril de 2026.
- 2.6. Horario das sesións presenciais e telepresencias:
- 1ª edición: de 11:00 a 14:00 horas.
- 2º edición: de 16:00 a 19:00 horas.
- 2.7. Lugar de realización: Aulas de Formación da Deputación de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel, Aula de Informática de Adams Ourense (rúa Pena Trevinca, 24, Ourense ) e Campus Virtual de Adams Formación.
- 2.8. Prazas: 30 participantes por edición.
- 2.9. Número de edicións: dúas.
3. Obxectivos
- * Afondar, desde unha perspectiva técnica e xurídica, na concepción da intelixencia artificial, incidindo no impacto que a súa implantación terá nas distintas administracións públicas.
- * Estudar o marco normativo que rexe a implantación e aplicación da intelixencia artificial na Admiración pública para que aos/ás empregados/as públicos/as identifiquen as oportunidades da súa implementación ética e eficiente na mellora dos servizos e procesos administrativos
- * Estudar as posibilidades reais de aplicación práctica de ferramentas baseadas na intelixencia artificial como son ChatGPT e Gemini á organización e o funcionamento das organizacións públicas, abordando desde a automatización de procesos ata a xestión intelixente dos servizos.
4. Programa
4.1. Introdución e marco normativo.
4.1.1. Conceptos básicos de Intelixencia Artificial: tipos, vantaxes e riscos.
4.1.2. Aplicacións da IA no sector público.
4.1.3. Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial. Enfoque baseado nos riscos e obrigas para as Administracións Públicas.
4.1.4. Normativa Española: Lei 39/2015, Lei 40/2015, Regulamento xeral de protección de datos, Lei orgánica de protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais e Esquema Nacional de Seguridade.
4.1.5. ética, transparencia e supervisión humana.
4.2. Uso ético e confiable da IA na xestión pública.
4.2.1. Modelo de Gobernanza da IA no ámbito local
4.2.2. Transparencia algorítmica e protección de datos. O papel do delegado de Protección de Datos.
4.2.3. Ameazas e oportunidades no uso da IA no ámbito local. Unha visión dende a normativa e a práctica.
4.2.4. Revisión do modelo organizativo e competencias dos empregados públicos,
4.3. Aplicacións prácticas da Intelixencia Artificial na Administración.
4.3.1. Aplicación da Intelixencia Artificial na contratación pública. Análise de ofertas e prevención do fraude.
4.3.2. Automatización de procesos administrativos.
4.3.3. Casos de usos en atención á cidadanía e xestión documental.
4.3.4. Minimización de sesgos e rendición de contas.
4.4. Ferramentas de Intelixencia Artificial xenerativa.
4.4.1. Introdución práctica a ChatGPT e Gemini.
4.4.2. Configuración segura e boas prácticas.
4.4.3. Exercicios: redacción de informes , síntese normativa, xeración de respostas para a atención á cidadanía.
4.4.4. Acceso á ferramenta de IA de Adams.
4.4.5. Técnicas de poromptig: como obter os resultados precisos.
4.4.6. Avaliación crítica de respostas e mitigación de erros.
4.4.7. Notebook LM como ferramenta de produtividade.
4.4.8. Comparativa de ferramentas. Criterios para elixir solucións seguras e conformes.
5. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o xoves 5 de marzo de 2026.