Ficha biblioteca

Nova A Deputación ultima os días para que as entidades locais soliciten as axudas para os servizos de normalización lingüística, dotadas con 200.000 euros
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación02/03/2026 FonteDeputación de Pontevedra
Taxonomía
TemasAdministración local, Cultura, ocio e deporte Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de Pontevedra Ámbitos xeográficosPontevedra
Descrición A través destas achegas os concellos de menos de 50.000 habitantes e outras entidades locais poderán crear ou manter e reforzar servizos de normalización lingüística
Detalles contido
A Deputación ultima os días para que as entidades locais soliciten as axudas para os servizos de normalización lingüística, dotadas con 200.000 euros A través destas achegas os concellos de menos de 50.000 habitantes e outras entidades locais poderán crear ou manter e reforzar servizos de normalización lingüística
02/03/2026|Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo xoves 5 de marzo o prazo para que os concellos de menos de 50.000 habitantes e entidades sociais poidan solicitar as subvencións destinadas á creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística das entidades locais da provincia. Esta liña de axudas, dotada de 200.000 euros, busca consolidar o uso do galego como principal lingua de traballo e de comunicación no mundo local, tanto no ámbito da administración como en todos os sectores do territorio, para así incrementar o seu uso e prestixio.

Os destinatarios destas achegas provinciais son os concellos de menos de 50.000 habitantes, as agrupacións de concellos, mancomunidades e tamén as entidades locais menores da provincia. Aqueles que aposten por crear o servizo de normalización lingüística poderán recibir un máximo de 35.000 euros ou o 100% do seu orzamento de gastos. No caso dos que queiran manter ou reforzar o servizo de normalización lingüística, poderán optar a 25.000 euros ou ao 80% do seu orzamento de gastos.

As axudas están destinadas a financiar as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística das entidades solicitantes, e as funcións deberán ser desempeñadas por especialistas con titulación superior en Lingua Galega. Entre elas, atópanse as de fomentar o uso do galego; planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua; fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e en todos os sectores de importancia; propiciar e xestionar liñas de información, colaboración, coordinación e axuda dirixidas á rede asociativa, empresarial, educativa e xuvenil; promover e coordinar grupos de persoas interesadas no proceso de normalización; planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega; funcións de asesoramento lingüístico interno e tamén outras de coordinación e apoio entre a Deputación e o resto de administracións.

Temas:Administración local, Cultura, ocio e deporte
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Pontevedra
Ámbitos xeográficos:Pontevedra
Valorar:
Compartir contido