Ficha biblioteca

Evento Curso de formación para persoal dos servizos de axuda no fogar: curso de interrelación e comunicación cos persoas dependentes e as súas familias
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación05/03/2026 FonteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Ensino e formación, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición Este curso está dirixido aos Traballadores/as das entidades locais da provincia, concellos e mancomunidades que pertenzan aos servizos de axuda no fogar para a atención de persoas dependentes
Detalles contido
LugarCampus Virtual do Grupo Adams OrganizadorDeputación de Ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
17/03/2026 9:00 20:00
25/03/2026 17:00 20:00
22/04/2026 17:00 20:00
30/04/2026 9:00 20:00
Evento

Curso de formación para persoal dos servizos de axuda no fogar: curso de interrelación e comunicación cos persoas dependentes e as súas familias

1. Persoas destinatarias

* Traballadores/as das entidades locais da provincia, concellos e mancomunidades que pertenzan aos servizos de axuda no fogar para a atención de persoas dependentes.

* Asistentes/as e traballadores/as sociais das mancomunidades e concellos e demais persoal técnico especializado na materia encargado da atención e xestión dos departamentos de servizos sociais das corporacións locais da provincia.

* Persoal ao servizo da Administración local que teña asignadas responsabilidades en materia de servizos sociais ou que desenvolva o seu traballo desde outros ámbitos profesionais no campo da atención primaria e de atención á dependencia.

2. Desenvolvemento

  • 2.1. Modalidade da acción formativa: Telepresencial e en liña.
  • 2.2. Duración: 30 horas (25 horas en liña e 5 horas presenciais)
  • 2.3. Datas de realización: do 17 de marzo ao 30 de abril de 2026.
  • 2.4. Datas de realización das sesións telepresenciais: 25 de marzo e 22 de abril de 2026.
  • 2.5. Horario das clases telepresencias: de 17:30 a 20:00 horas, os mércores.
  • 2.6. Lugar de realización: Campus Virtual do Grupo Adams.
  • 2.7. Prazas: 20 participantes.
  • 2.8. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos

* Formar ao persoal das entidades locais pertencente ao servizo de axuda no fogar no marco legal e normativo da Lei de dependencia, incluíndo os seus principios fundamentais, os requisitos para a súa aplicación, así como o réxime de infraccións e sancións asociado.

* Instruír os/as asistentes para que sexan quen de recoñecer e analizar os distintos graos e tipos de dependencia, as súas características, os criterios de valoracións e as necesidades de apoio asociadas a cada situación.

* Estudar o papel da persoa coidadora, as súas funcións na promoción da autonomía persoal e o benestar, así como a súa interacción cos recursos materiais, espaciais e tecnolóxicos que favorecen a calidade de vida das persoas dependentes.

* Examinar os factores cognitivos e funcionais que inflúen na autonomía das persoas en situación de dependencia, tanto internos como externos, e a súa implicación no deseño de intervencións individualizadas.

* Desenvolver nos/as participantes habilidades de comunicación e xestión relacional que favorezan unha convivencia positiva entre a persoa dependente e o seu entorno familiar, promovendo a resolución de conflitos e o apoio mutuo.

4. Programa

4.1. A Lei de dependencia.

4.1.1. Identificación dos conceptos relacionados coa Lei de dependencia.

4.1.1.1.Introdución.

4.1.1.2. Explicación da Lei de dependencia.

4.1.1.3. Aplicación da Lei de dependencia.

4.1.2. Clasificación das infraccións e sancións.

4.1.2.1. Introdución.

4.1.2.2. Enumeración e análise das infraccións.

4.1.2.3. Enumeración e análise das sancións.

4.2. Atención a persoas en situación de dependencia.

4.2.1. Clasificación das diferentes situacións das persoas dependentes.

4.2.1.1. Introdución.

4.2.1.2. Definición de persoa dependente.

4.2.1.3. Identificación das diferentes situacións das persoas dependentes.

4.2.2. Descrición do papel da persoa coidadora.

4.2.2.1. Aspectos fundamentais.

4.2.2.2. Definición da persoa coidadora.

4.2.2.3. Aplicación dos diferentes roles da persoa coidadora de persoas dependentes.

4.3. Utilización do ambiente como factor favorecedor da autonomía persoal, comunicación e relación social.

4.3.1. Clasificación dos elementos espaciais e materiais.

4.3.1.1. Introdución.

4.3.1.2. Orientacións.

4.3.1.3. Definición dos elementos espaciais.

4.3.1.4. Definición dos elementos materiais.

4.3.2. Identificación dos distintos materiais.

4.3.2.1. Aspectos a considerar.

4.3.2.2. Outros aspectos fundamentais.

4.3.2.3. Definición dos elementos espaciais.

4.3.2.4. Aplicación dos diferentes materiais.

4.3.3. Explicación da motivación e da aprendizaxe.

4.3.3.1. Introdución.

4.3.3.2. Factores motivacionais da conduta.

4.3.3.3. Clasificación dos diferentes métodos de aprendizaxe.

4.3.3.4. Interacción entre a motivación e a aprendizaxe.

4.4. Recoñecemento das características psicolóxicas das persoas dependentes.

4.4.1. Descrición dos procesos cognitivos das persoas dependentes.

4.4.1.1. Impacto dos procesos cognitivos en persoas dependentes.

4.4.1.2. Indicación dos procesos cognitivos.

4.4.1.3. Explicación das diferenzas entre os procesos cognitivos de persoas non dependentes e persoas dependentes.

4.4.2. Diferenciación entre os distintos graos de dependencia.

4.4.2.1. Baremo de Valoración de Dependencia.

4.4.2.2. Graos de dependencia.

4.4.2.3. Explicación sobre cada un dos graos de dependencia.

4.4.2.4. Relación entre os diferentes graos de dependencia.

4.5. Relación coa familia da persoa dependente.

4.5.1. Aplicación das habilidades necesarias para mellorar a relación entre a familia e a persoa dependente.

4.5.1.1. Habilidades interpersoais.

4.5.1.2. Identificación das habilidades de comunicación.

4.5.1.3. Análise da aplicación das habilidades de comunicación segundo a situación familiar.

4.5.2. Descrición das relacións familiares.

4.5.2.1. A familia e o seu rol na atención sociosanitaria.

4.5.2.2. Actitude da familia fronte á persoa dependente.

4.5.2.3. Afectación das relacións familiares cando hai unha persoa dependente.

4.5.3. Organización da familia fronte a unha nova situación.

4.5.3.1. Adaptación familiar ante a dependencia.

4.5.3.2. Colaboración entre os diferentes membros familiares.

4.5.3.3. Novos roles ante unha persoa dependente na familia.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o xoves, 12 de marzo de 2026.

Temas:Administración pública, Administración local, Ensino e formación, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido