Ficha biblioteca

Nova Preto de 3.000 persoas formáronse en novas tecnoloxías grazas ao programa da Deputación E para dixitalizarse, Lugo
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación13/03/2026 FonteDeputación de Lugo
Taxonomía
TemasAdministración dixital, Ensino e formación Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de Lugo Ámbitos xeográficosLugo
Descrición Esta iniciativa, financiada con 750.000€ de fondos europeos e que rematará o vindeiro 20 de marzo, incluíu máis de 400 formacións gratuítas e presenciais que se desenvolveron desde o mes de marzo en concellos de menos de 5.000 habitantes
Detalles contido
Preto de 3.000 persoas formáronse en novas tecnoloxías grazas ao programa da Deputación E para dixitalizarse, Lugo Esta iniciativa, financiada con 750.000€ de fondos europeos e que rematará o vindeiro 20 de marzo, incluíu máis de 400 formacións gratuítas e presenciais que se desenvolveron desde o mes de marzo en concellos de menos de 5.000 habitantes
13/03/2026|Deputación de Lugo

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, entregou este mércores en Abadín os diplomas acreditativos aos participantes que veñen de completar algunha das accións formativas que se desenvolveron neste concello no marco do programa da Deputación E para dixitalizarse, Lugo. A través desta iniciativa, que a institución provincial puxo en marcha nos concellos de menos de 5.000 habitantes, realizáronse máis de 400 obradoiros gratuítos e presenciais relacionados coas novas tecnoloxías. 

Rivera Capón entregou os recoñecementos aos alumnos e alumnas do colexio Aquilino Iglesia Alvariño, que se formaron no uso seguro e responsable de Internet, no manexo correcto das TIC; e en ciberseguridade, acoso e posibles estafas. Posteriormente, o Deputado achegouse ata o CEIP de Moncelos para entregar os diplomas aos adultos e adultas que aprenderon sobre o uso do teléfono móbil grazas a este programa.  

Asegurou Pablo Rivera que “o que pretendemos desde a institución provincial con esta iniciativa é reducir a fenda dixital entre a veciñanza e fomentar a inclusión no territorio”. Recalcou ademais que “neste proxecto, que comezou en setembro e rematará o vindeiro 20 de marzo, participaron unhas 3.000 persoas de diferentes idades e colectivos”. 

Temas:Administración dixital, Ensino e formación
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Lugo
Ámbitos xeográficos:Lugo
Valorar:
Compartir contido