Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar o contido ofrecido.
1. Beneficiarios:
Concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.
2. Obxecto
Axudas económicas destinadas para as actividades encamiñadas á dinamización da lingua galega co fin de potenciar o uso do noso idioma no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia que teñan repercusión social, e para as actividades que organicen os concellos no seu termo municipal dirixidas a promover, fomentar e difundir o emprego da lingua galega.
3. Bases reguladoras
Bases de subvencións aprobadas por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra de 06 de marzo de 2026, Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra, Bases de execución do Orzamento para o exercicio 2026, na LXS e na demais lexislación de desenvolvemento.
4. Contía
150.000,00 €.
5. Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base Nacional de Subvencións (BNS).
6. Outros datos de interese