Ficha biblioteca

Evento Foro de debate: A reforma do sistema de financiamento autonómico e as súas posibilidades de mellora
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación18/03/2026 FonteEGAP
Taxonomía
TemasAdministración pública, Economía galega, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local; da Administración de xustiza; das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como a xuristas, profesionais, alumnado universitario e persoas interesadas en xeral
Detalles contido
LugarPresencial Santiago OrganizadorEGAP Datas
DíaHora inicioHora fin
07/04/2026 12:30 14:30
Evento

Foro de debate A reforma do sistema de financiamento autonómico e as súas posibilidades de mellora

Obxectivos

O obxectivo deste foro é o intercambio de ideas, opinións e propostas de mellora sobre un tema de actualidade como é a reforma do modelo de financiamento autonómico.

Persoas destinatarias

Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local; da Administración de xustiza; das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como a xuristas, profesionais, alumnado universitario e persoas interesadas en xeral.

Desenvolvemento

  • Data: 7 de abril de 2026.
  • Modalidade: presencial.
  • Horario: das 12.30 ás 14.30 horas.
  • Horas lectivas: 2.
  • Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP); rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
  • Cuarta. Número de prazas
  • Número de prazas limitado á capacidade do local.

 Inscrición

1. As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo . As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade, todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo co requirido e establecido na base segunda desta resolución respecto das persoas destinatarias.

3. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que está integrada esta actividade (Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas) e despois seleccionar no nome do curso Foro de debate A reforma do sistema de financiamento autonómico e as súas posibilidades de mellora.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 2 de abril de 2026.

Temas:Administración pública, Economía galega, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido