Ficha biblioteca

Nova O Diario Oficial de Galicia publica a orde pola que os concellos teñen o prazo dun mes para adherirse ao incremento do financiamento da Xunta ao SAF
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación27/03/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición As administracións locais, encargadas de xestionar este servizo, xa poden solicitar formalmente este aumento, que terá efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro
Detalles contido
O Diario Oficial de Galicia publica a orde pola que os concellos teñen o prazo dun mes para adherirse ao incremento do financiamento da Xunta ao SAF As administracións locais, encargadas de xestionar este servizo, xa poden solicitar formalmente este aumento, que terá efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro
27/03/2026|Xunta de Galicia
  • Grazas ao acordo acadado coa Fegamp, a Xunta achegará 500M€ en tres anos para sufragar o SAF, elevando progresivamente o prezo ata os 18€ por hora

Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe a orde pola que se actualiza o módulo de financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para persoas en situación de dependencia. Tal e como establece o documento, os concellos teñen o prazo dun mes, ata o vindeiro 27 de abril, para solicitar formalmente o incremento da achega da Xunta a este servizo de xestión municipal.

Con esta actualización dos prezos, que terá efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2026, o Goberno galego cumpre co obxectivo de aumentar progresivamente a súa achega ao financiamento do SAF para persoas dependentes e, ademais, incentivase aos concellos para que presten este servizo con criterios comúns de calidade e homoxeneidade. De feito, grazas ao acordo coa Fegamp, a Xunta achegará ata 2028 un total de 500M€ (150M€ máis dos inicialmente previstos). Así, todos os municipios que decidan adherirse, recibirán 16 euros por hora en 2026, 17 euros en 2027 e 18 euros no ano 2028. Este incremento gradual supón unha suba do 50% da achega da Xunta.

Aumento demanda Bono Coidado

O SAF é un servizo moi demandado en toda Galicia, con máis de 20.000 usuarios, só superado polo Bono Coidado no Fogar, que reciben máis de 38.000 galegos que están sendo atendidas nas súas casas. Con esta pioneira medida impulsada pola Xunta no 2024 todas as persoas dependentes que están sendo atendidas nos seus domicilios por algún coidador de confianza reciben 5.000 euros ao ano, con independencia da súa situación económica e do grado de dependencia.

Temas:Administración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido