Ficha biblioteca

Nova A Xunta abre a convocatoria de axudas para melloras nas infraestruturas municipais dotada con 3,5 M€
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación01/04/2026 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local, Territorio, vivenda e transporte Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A través da orde publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia o Goberno galego apoia a execución de obras nas dependencias municipais, en prazas, parques, paseos e rúas, en redes de luz pública e na pavimentación de camiños municipais, entre outras
Detalles contido
A Xunta abre a convocatoria de axudas para melloras nas infraestruturas municipais dotada con 3,5 M€ A través da orde publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia o Goberno galego apoia a execución de obras nas dependencias municipais, en prazas, parques, paseos e rúas, en redes de luz pública e na pavimentación de camiños municipais, entre outras
01/04/2026|DOG
  • Diríxese a concellos de menos de 30.000 habitantes, que poden solicitar as subvencións de xeito individual ou conxunto
  • A iniciativa enmárcase no compromiso do Executivo autonómico coas administracións locais, como entidades máis próximas á cidadanía

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se convocan as axudas para a creación e mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. Dotada cun orzamento de 3,5 millóns de euros, a iniciativa enmárcase nas liñas de apoio do Goberno galego aos concellos, que xa poden pedir estas subvencións a partir de mañá.

A través desta convocatoria subvenciónanse as obras nas redes de alumeado público; a pavimentación de camiños públicos municipais; e as obras en prazas, parques, paseos e rúas. A estas engádense a creación ou rehabilitación de edificios ou dependencias municipais destinadas á prestación de servizos municipais, así como a mellora da súa accesibilidade ou a dotación de equipamentos destes edificios ou dependencias.

As axudas van dirixidas aos concellos de menos de 30.000 habitantes, que poden solicitalas de xeito individual ou mediante asociacións ou agrupacións. Cada concello pode presentar un máximo de dúas solicitudes,  sempre que unha delas sexa individual e outra conxunta e para actuacións diferentes. Ademais, cada petición debe corresponderse cun único proxecto, que pode abranguer varias accións.

A colaboración do Goberno galego financiará ata o 80% do orzamento da obra ou equipamento que se vai realizar, co límite de 40.000 euros para as solicitudes individuais e de 50.000 euros para as conxuntas ou as presentadas por concellos resultantes dun proceso de fusión municipal.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal no prazo dun mes desde mañá.

Apoio ás dotacións e servizos básicos municipais

Con esta iniciativa o Goberno galego quere impulsar a calidade de vida da veciñanza das áreas rurais a través da colaboración cos concellos, como entidades máis próximas á cidadanía e motores do desenvolvemento económico. O obxectivo é mellorar das dotacións e infraestruturas básicas e dos servizos municipais. Búscase así favorecer a fixación de poboación e garantir o equilibrio no territorio galego entre o medio rural e o urbano, o interior e da costa, a prol dunhas óptimas condicións de vida con independencia do lugar de residencia.

 

 

Temas:Administración local, Territorio, vivenda e transporte
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido