Ficha biblioteca

Nova A Xunta ten aberto o prazo para que os concellos soliciten os fondos de cooperación dirixidos á rehabilitación do seu patrimonio construído e de promoción de nova vivenda protexida
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación08/04/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Así o lembrou o delegado territorial na súa visita a Celanova para supervisar o remate das obras da rúa Castor Elices, levadas a cabo ao abeiro destes fondos, dotados con 11,7M€
Detalles contido
A Xunta ten aberto o prazo para que os concellos soliciten os fondos de cooperación dirixidos á rehabilitación do seu patrimonio construído e de promoción de nova vivenda protexida Así o lembrou o delegado territorial na súa visita a Celanova para supervisar o remate das obras da rúa Castor Elices, levadas a cabo ao abeiro destes fondos, dotados con 11,7M€
08/04/2026|Xunta de Galicia
  • O delegado territorial subliñou que o fondo para financiar obras de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en municipios de menos de 50.000 habitantes conta cunha dotación de algo máis de 3 M€ da Consellería Vivenda e Planificación de Infraestruturas
  • Por outra banda, o representante do Goberno galego destacou que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas tamén destina 8,6 M€ ao fondo de cooperación cos concellos para o financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción
  • Manuel Pardo salientou que estes Fondos de Cooperación da Xunta atenden a un dobre obxectivo, axudar a financiar a mellora de equipamentos municipais e sumar esforzos para facilitar o acceso á vivenda

O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello de Celanova para, acompañado do alcalde, Antonio Puga, comprobar o resultado das obras para a urbanización a rúa Castor Elices, levadas a cabo grazas a un préstamo da Consellería Vivenda e Planificación de Infraestruturas de 464.000 euros procedente do Fondo de Cooperación da Xunta para actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído, que se destina a municipios de menos de 50.000 habitantes.

O delegado territorial aproveitou a súa estadía no municipio para lembrar que onte abriu o prazo ata o 15 de outubro para que os concellos poidan solicitar os préstamos deste Fondo de Cooperación así como os destinados ao financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción, co dobre obxectivo de axudar a financiar a mellora de equipamentos municipais e sumar esforzos para facilitar o acceso á vivenda.

Manuel Pardo concretou que, no atinxe ao Fondo de Cooperación para financiar obras de rehabilitación en municipios de menos de 50.000 habitantes, está dotado con algo máis de 3 M€ para este ano. Trátase de préstamos sen xuros que os concellos poden devolver no prazo máximo de 8 anos. Así mesmo, con cargo a este financiamento, os municipios poden acometer obras de conservación de inmobles da súa titularidade, adquirir outros novos para recuperalos ou mesmo urbanizar novos viarios previstos no planeamento municipal.

Por outra banda, o representante do Goberno galego explicou que o fondo de cooperación cos concellos para o financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción conta cunha dotación de máis de 8,6 M€ para este 2026, podendo acceder os concellos a préstamos sen xuros, a devolver tamén no prazo máximo de 8 anos. Nesta liña, subliñou que os municipios poderán destinar este financiamento á promoción de vivenda protexida de nova construción, directamente ou a través doutros promotores. Tamén poderán acometer actuacións de urbanización para acadar solo e crear parcelas para a edificación ou adquirir solo para construír inmobles protexidas.

Actuacións

A actuación que se desenvolveu nesta infraestrutura viaria tivo como obxectivos a optimización da accesibilidade, a mellora e ampliación das beirarrúas renovando todas as instalacións (iluminación pública, saneamento, abastecemento, comunicacións, baixa tensión, e gas), así como a organización do tráfico, mellorando as zonas de aparcamentos e limitando a velocidade nun vial que, coa posta en funcionamento da autovía AG-31, viu multiplicado a densidade do tráfico de vehículos nos últimos anos, e a mellora da estética da capitalidade do concello de Celanova.

 

Temas:Administración pública, Administración local
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido